Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49040

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego
da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2021

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco

Establecer as pautas de colaboración entre as partes para a promoción do sistema Crediasemaco, por entender que se trata dun sistema que incide favorablemente na potenciación da realización das actuacións de rehabilitación na Comunidade Autónoma

15.000,00 €

6.5.2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a xestión da recadación dos recibos de facturación emitidos polo citado organismo relativos a vivendas e locais e na xestión do depósito e devolución de fianzas por arrendamentos de predios urbanos

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o IGVS e a citada entidade financeira nas seguintes tarefas:

– A xestión da recadación dos recibos de facturación emitidos polo IGVS relativos a vivendas e locais

– A xestión do depósito e devolución de fianzas por arrendamentos de predios urbanos

Total: 216.612,00 €, anos:

• 2021: 41.389,00 €

• 2022: 72.204,00 €

• 2023: 72.204,00 €

• 2024: 30.815,00 €

28.7.2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello de Mondoñedo (Lugo) para a creación dun Centro de Rexeneración Urbana de Interese Autonómico

Precisar os obxectivos, o financiamento e o funcionamento do centro Rexurbe de Mondoñedo, así como os mecanismos de actuación conxunta e coordinada para facilitar o cumprimento e a execución das diferentes actuacións, dos plans e dos programas en materia de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas

Total: 138.675,50 €, anos:

• 2021: 34.668,87 €

• 2022: 69.337,75 €

• 2023: 34.668,87 €

30.6.2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Sociedade Xestión do Solo de Galicia (Xestur, S.A.) para a realización de traballos de asistencia e apoio técnico na xestión do desenvolvemento de actuacións técnicas de solo empresarial

O obxecto deste convenio é establecer as condicións de colaboración entre o IGVS e Xestur para o desenvolvemento conxunto de tarefas técnicas e de xestión nos expedientes administrativos de solo empresarial de Galicia de que sexan titulares, así como en calquera outro que, conforme a lexislación vixente, teñan atribuídas competencias

Sen achega

29.7.2021