Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2021/121-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS nova saída subestación Sanxenxo, reforma do CT Polígono de Nantes 11 e LMTS reforzo de VLG807.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con conductor RHZ1, nas seguintes actuacións:

1. 1.936 metros; orixe: subestación Sanxenxo; final: centro de transformación (CT) Polígono de Nantes nº 11.

2. 1.241 metros; orixe: empalme no tramo VLG8071008 cara á subestación de Vilalonga; final: empalme no tramo VLG8071020 (nó R).

3. 481 metros; orixe: empalme no tramo VLG8071020 (nó J); final: CT Polígono de Nantes 1.

4. 481 metros; orixe: empalme no tramo VLG8071020 (nó L); final: CT Polígono de Nantes 11.

Reforma do CT Polígono de Nantes 11, consistente na retirada da cela de liña de reserva e instalación de 4 novas celas telecontroladas.

A instalación está situada Gondar, Dadín e Polígono de Nantes, Sanxenxo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme ao establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 14 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra