Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48543

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 15 de setembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, Programa de doutoramentos industriais, e se convocan para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).

O Plan de estratexia de especialización intelixente de Galicia, RIS3 de Galicia, para o período 2014-2020, recolle, enmarcado no programa marco Galicia transfire, o apoio á transferencia de coñecemento ao mercado a través dun conxunto de actuacións para fomentar a transferencia de coñecemento e de resultados de investigación desde os centros científicos e tecnolóxicos galegos ao mercado, como instrumentos de apoio que se prevén para a implementación da Estratexia RIS3 de Galicia.

O dito plan recolle tamén, dentro dos desafíos do Sistema galego de innovación, a captación, formación e retención de talento. Máis especificamente, o plan recolle accións concretas para a estimulación do emprendemento innovador como o Programa de retención, incorporación e mobilidade de talento e o Programa de aceleración da innovación, que fomentan o descubrimento emprendedor e inclúen entre os seus piares a formación, a circulación de talento, o asesoramento, o mentoring, o networking e a competencia empresarial.

A Comisión Europea, a través da Carta europea do investigador e do Código de conduta para a contratación de investigadores, recomenda desenvolver un mercado laboral europeo atractivo, aberto e viable para o persoal investigador, en que as condicións xerais permitan contratar e manter investigadores e investigadoras de calidade en contornas que favorezan o seu rendemento e produtividade. A devandita carta tamén recomenda que as entidades empregadoras e/ou financiadoras de persoal investigador velen polo desenvolvemento e a continuidade da carreira investigadora, o que implica mellorar as súas condicións laborais e o recoñecemento desde as primeiras etapas das súas carreiras.

No contexto de Galicia, a Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, recolle no seu artigo segundo, entre os seus fins fundamentais, o apoio á formación do persoal científico, investigador e xestor da innovación en Galicia e contribuír á creación dun contorno adecuado para o desenvolvemento das súas carreiras profesionais.

Neste contexto, as axudas para doutoramentos industriais pretenden servir de marco de financiamento para formar persoal altamente cualificado que se axuste mellor ás necesidades das empresas que forman o tecido empresarial galego ou con intereses en Galicia. Nesta liña, os proxectos de doutoramento industrial enténdense como proxectos de investigación industrial onde hai unha colaboración efectiva entre unha empresa e unha universidade do Sistema universitario de Galicia (SUG). Todo iso enmarcado na figura do Doutoramento industrial, mención definida polo Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento.

De acordo co dito real decreto, a mención Doutoramento industrial outorgarase sempre que concorran dúas circunstancias: a existencia dun contrato predoutoral co doutorando ou doutoranda, e que ademais participe nun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva na empresa ou Administración pública en que se preste o servizo. Cando o referido proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental se execute en colaboración entre a universidade, ou centro de coñecemento, e a empresa ou Administración pública en que preste servizo o doutorando ou doutoranda, será necesario subscribir un convenio de colaboración marco que indique as obrigas das partes e o procedemento de selección dos doutorandos e doutorandas. En calquera caso, o doutorando ou a doutoranda terá unha persoa titora de tese designada pola universidade, que poderá actuar como persoa directora, e unha persoa responsable designada pola empresa ou centro de innovación e tenoloxía, que poderá ser persoa directora da tese se así o permite a normativa propia de doutoramento.

De xeito complementario, o Programa de doutoramento industrial, ademais de favorecer a formación de mozos e mozas investigadores e investigadoras no espazo empresarial, abrindo a oportunidade para a súa incorporación formal, constitúe un instrumento idóneo para promover a colaboración efectiva entre empresas e centros de coñecemento sobre proxectos definidos conxuntamente, expostos sobre obxectivos de I+D de alcance e, así mesmo, contribuír a dinamizar os procesos de transferencia.

Ademais, esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no Sistema galego de I+D+i, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre mulleres e homes que recolle o artigo 1 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade de mulleres e homes, modificado pola Lei 13/2021, do 20 de xullo. Esta lei pretende dotar a Administración de mellores ferramentas para conseguir a plena igualdade, apoiando, promovendo e visibilizando o traballo investigador das mulleres en Galicia e tamén introducir mecanismos correitores e obxectivos nas convocatorias públicas de I+D+i para evitar a discriminación e/ou penalización das mulleres, e tamén dos homes, en casos de maternidade, paternidade, garda con fins de adopción ou acollemento, risco durante o embarazo e/ou lactancia e incapacidade temporal asociada ao embarazo ou por razóns de violencia de xénero ou calquera tipo de acoso.

Por isto, as axudas que se regulan nesta convocatoria adoptan medidas específicas para fomentar a igualdade.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, SXU) e a Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e na procura de sinerxías, considérase de interese a realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

O procedemento de concesión das axudas reguladas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo con criterios de valoración de natureza obxectiva. Estas axudas axustaranse, no que respecta ás empresas, ao réxime de axudas de minimis segundo o Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Porén, as que están dirixidas a centros de innovación e tecnoloxía e destinadas exclusivamente ao financiamento de actividades de I+D+i de carácter non económico non teñen a consideración de axudas de Estado para os efectos do número 1 do artigo 107 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. En todo caso, os organismos de investigación beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i conforme o establecido no punto 2.1.1 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01).

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocan as axudas de apoio aos doutoramentos industriais para o exercicio 2021.

Na súa virtude, e en uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento de proxectos de doutoramento industrial, Programa de doutoramento industrial, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, código de procedemento administrativo IN606D.

O Programa de doutoramento industrial ten como obxectivos:

a) Promover a colaboración efectiva e a transferencia de coñecemento entre as universidades do SUG e o tecido empresarial mediante a sinatura de convenios ou acordos que regulen o desenvolvemento dun proxecto de investigación industrial.

b) Potenciar a captación de mozos e mozas investigadores e investigadoras para que desenvolvan proxectos de investigación nas empresas que os contraten e que lles permitan obter un doutoramento industrial en sectores de interese estratéxico rexional.

c) Posibilitar a incorporación de persoal doutor mozo ás empresas, unha vez que remate a axuda e desta maneira abrirlles novas saídas profesionais.

d) Fortalecer a colaboración entre as empresas e as universidades do SUG.

2. As axudas concedidas ás empresas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, en virtude de que o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.

En virtude do anterior, as empresas deberán declarar, no momento de presentar a solicitude, o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.

3. Os organismos de investigación beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i conforme o establecido no punto 2.1.1 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01).

Artigo 2. Definicións

1. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica.

2. Centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma: son aqueles que figuran inscritos (ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.

Artigo 3. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) As empresas e os centros de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG que lles sirva como traballo de tese de doutoramento e sexa do seu interese.

b) As universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía con domicilio social ou centro de traballo en Galicia e asumir a dirección dunha tese de doutoramento asociada.

2. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

3. A axuda deberá ser solicitada conxuntamente por unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía de acordo cunha universidade e ambas deberán presentar o convenio ou acordo de colaboración asinado para desenvolver o proxecto de doutoramento industrial que contratará a doutoranda ou doutorando.

4. Só poderá presentarse unha solicitude para cada proxecto dentro da convocatoria de doutoramento industrial.

Artigo 4. Natureza das axudas

1. O proxecto de investigación de doutoramento industrial desenvolverase na empresa ou centro de innovación e tecnoloxía en colaboración cunha universidade do SUG que se encargará da formación investigadora do doutorando ou doutoranda a través dun programa de doutoramento. Tanto o contorno académico como a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía serán beneficiarios das subvencións que faciliten a realización do proxecto de investigación que deberá dar lugar a unha tese de doutoramento con mención de doutoramento industrial.

2. Características dos proxectos de investigación de doutoramento industrial.

Son proxectos de investigación ou estudos para desenvolver produtos, procesos ou servizos novos ou que melloren os xa existentes. Os proxectos de doutoramento industrial deben implicar unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía e unha universidade do SUG. O proxecto de doutoramento industrial debe supor un avance de coñecemento suficientemente xustificado para dar lugar a unha tese doutoral para os efectos de optar á mención de doutoramento industrial nos correspondentes títulos de doutora ou doutor. Quedan excluídas destes proxectos a investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación.

3. Convenio de colaboración entre os beneficiarios. Para concretar a colaboración no desenvolvemento do proxecto de investigación de doutoramento industrial, as partes académica e empresarial deben asinar un convenio que reflicta, como mínimo, os aspectos seguintes:

– A identificación do proxecto e os obxectivos científico-técnicos deste.

– A identificación do doutorando ou doutoranda candidato ou candidata para desenvolver a tese no marco do proxecto anterior, indicando os criterios consensuados para a súa selección e o programa de doutoramento en que formalizará a correspondente matrícula.

– A identificación da persoa directora académica da tese e do responsable técnico do proxecto por parte das entidades beneficiarias.

– As obrigas científicas, técnicas e metodolóxicas que contraen as partes, así como as responsabilidades económicas delas condicionadas á concesión do programa.

– A organización e distribución do tempo de traballo do doutorando ou doutoranda entre ambas as institucións, na consideración de que o proxecto de doutoramento industrial se caracteriza por realizarse nun contorno dual, empresarial e académico, así como o réxime de dedicación aos estudos de doutoramento que ten asignados a persoa candidata.

– De ser o caso, establecer os criterios de recoñecemento entre os beneficiarios dos dereitos de propiedade industrial que se puideren xerar no proxecto, velando por que os doutorandos ou doutorandas contratados ou contratadas se beneficien da eventual explotación dos resultados en I+D mediante a adecuada protección xurídica, especialmente en materia de protección de dereitos de propiedade intelectual e de autor.

– Habilitar os procedementos adecuados para asegurar a confidencialidade da información e resultados para asegurar a non publicidade dos contidos sensibles derivados do proxecto, sen prexuízo da súa utilización por parte do doutorando ou doutoranda para a realización e defensa de súa tese, en virtude da normativa aplicable aos estudos de doutoramento.

Artigo 5. Requisitos e obrigas

1. As empresas e centros de innovación e tecnoloxía beneficiarios deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Propor un proxecto de doutoramento industrial para desenvolver.

b) Propor unha persoa candidata para desenvolver a tese asociada ao proxecto de doutoramento industrial.

c) Designar un responsable da supervisión da tese no marco da empresa e da realización do proxecto de doutoramento industrial correspondente. Por acordo entre as partes, este responsable poderá actuar como persoa directora adicional da tese no caso de cumprir os requirimentos establecidos pola normativa de doutoramento e correspondente e acordo expreso entre as partes.

d) Proporcionarlle ao doutorando ou doutoranda contratado ou contratada o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipos que resulten precisos para o normal desenvolvemento da súa actividade.

e) Apoiar e facilitar a formación do doutorando ou doutoranda contratado ou contratada, garantindo o cumprimento de todas as actividades formativas exixidas polo programa de doutoramento.

f) Facilitar a información e a formación necesarias en materia de prevención de riscos laborais para garantir a seguridade no traballo desenvolvido dentro das instalacións da empresa.

g) Facilitar as accións de mobilidade (asistencia a congresos, seminarios, estadía nunha sede internacional da empresa ou grupo de investigación internacional) que o doutorando ou doutoranda realice ao longo do seu proxecto e que sexan preceptivos segundo a convocatoria de doutoramento industrial en vigor.

h) Visar e validar a memoria xustificativa do proxecto que realice o doutorando ou doutoranda.

2. As universidades do SUG beneficiarias deberán asumir os seguintes requisitos e obrigas:

a) Designar a persoa directora académica da tese no marco do programa de doutoramento correspondente, que deberá ser asignado pola comisión académica do programa de doutoramento cando o alumno/a se matricule, no caso de non estar matriculado.

b) Validar a proposta de proxecto de doutoramento industrial.

c) Proporcionarlle ao doutorando ou doutoranda o apoio necesario e facilitarlle os medios ou equipos que sexan necesarios para o desempeño normal da súa actividade.

d) Supervisar con regularidade o desenvolvemento do proxecto de investigación e de tese doutoral, velando polo cumprimento das obrigas recollidas no Compromiso documental de supervisión, e pola calidade da tese de doutoramento.

e) Facilitarlle ao doutorando ou doutoranda a realización da formación adicional e a participación na formación que organice a propia entidade.

3. A persoa directora e o responsable empresarial propostos para a dirección da tese e do proxecto deberán ter vinculación laboral coa súa institución durante todo o tempo que dure o doutoramento industrial.

Os requisitos correspondentes ás condicións de persoa directora académica e, de ser o caso, de persoal director adicional acreditaranse segundo o anexo IV.

4. As persoas candidatas aos contratos de doutoramento industrial deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, aínda que para formalizar o contrato deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concedan a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 8 desta orde.

b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG no curso 2021/22 acreditado pola escola de doutoramento correspondente.

Así mesmo, a matrícula debe renovarse anualmente no programa e cumprir cos prazos e requirimentos reflectidos no Compromiso documental de supervisión.

c) Que a data de finalización dos estudos de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2017. Enténdese como data de finalización destes estudos a de superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2014 nos seguintes casos:

1º. As persoas que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial dalgunha das especialidades recollidas no Real decreto 183/2008, do 8 de febreiro, polo que se determinan e se clasifican as especialidades en Ciencias da Saúde e se desenvolven determinados aspectos do sistema de formación sanitaria especializada.

2º. As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que estaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de 6 anos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2016.

3º. As persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.

4º. As persoas que acrediten fidedignamente que interromperon os estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.

5º. Contar no expediente académico cunha nota media igual ou superior a 7, ou a 6 para as titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado no artigo 10.5.3º.

4. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destes contratos persoas que estean en posesión do título de doutor nin persoas que fosen seleccionadas ou contratadas noutras convocatorias predoutorais da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Conceptos subvencionables

1. As axudas ás empresas e centros de innovación e tecnoloxía inclúen os seguintes conceptos:

a) O financiamento dun contrato predoutoral industrial dun máximo de tres anos de duración.

b) Un complemento anual por axuda destinado ás empresas e centros de innovación e tecnoloxía para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

c) Unha axuda para cubrir outros gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial.

d) Estadías de tres meses de duración no estranxeiro para que, de acordo co establecido no Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, as persoas contratadas acaden a mención de doutora ou doutor internacional.

As estadías serán continuadas e terán que realizarse entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de outubro de 2023 e asegurar un grao de mobilidade e de internacionalización ao que non se puidese ter accedido por formación académica anterior ou por outros factores tales como residencia, país de orixe ou nacionalidade, e en ningún caso poderá ocasionar un atraso na finalización dos estudos de doutoramento.

2. As axudas ás universidades estarán destinadas a cubrir os gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto no ámbito da universidade.

Artigo 7. Duración, número, importe das axudas

1. As axudas serán para un período máximo de tres anos, contados a partir da data de inicio do contrato da doutoranda ou doutorando por parte da empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, que se desenvolverán a partir do 1 de novembro de 2021.

2. A duración do contrato non poderá ser inferior a 1 ano nin exceder os 3. Se se concertase un contrato de duración inferior a 3 anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. Durante o tempo que permaneza no programa, a actividade desenvolvida polo doutorando ou doutoranda será avaliada anualmente pola comisión académica do programa de doutoramento industrial correspondente, así como, de consideralo necesario, por parte da empresa ou centro de innovación e tecnoloxía. No caso dun resultado negativo o contrato resolverase separando o candidato do programa e suspendendo a axuda aos beneficiarios.

No caso de que con anterioridade á formalización do contrato predoutoral a persoa candidata desfrutase dalgunha axuda, pública ou privada, dirixida á súa formación predoutoral ou no marco do Estatuto do persoal investigador en formación, aprobado polo Real decreto 103/2019 (BOE núm. 64, do 15 de marzo), durante un período superior a 1 ano, a duración da axuda desta convocatoria reducirase no tempo equivalente ao período que supere o previsto no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. A resolución de minoración corresponderalle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para as universidades do SUG e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para as empresas e centros de innovación e tecnoloxía.

Para tal efecto, as persoas candidatas propostas deberán comunicarlle ao órgano instrutor, antes da sinatura do contrato, a través da entidade solicitante, a percepción doutras axudas, así como proporcionarlle a información que lles sexa requirida.

En ningún caso a axuda que se conceda poderá ter unha duración inferior a 18 meses, contados desde a data prevista de incorporación, é dicir, de inicio do contrato.

3. O número máximo das axudas concedidas será de 15.

O número máximo de persoas non comunitarias que poderán obter este tipo de axudas é de unha.

Do número total de axudas que se convocan, resérvanse unha para a contratación de persoas investigadoras cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. De existiren axudas non cubertas no grupo de reserva, acumularanse ao grupo xeral.

4. A contía das axudas será:

a) Para a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía:

a.1) Custos para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial:

i) Custos de contratación da persoa doutoranda. O importe máximo de cada axuda é de 24.000 € anuais por contrato. Este importe só poderá ir destinados ao financiamento dun contrato a tempo completo, incluíndo os seus custos sociais, aplicado á persoa seleccionada para a realización da tese de doutoramento no marco do proxecto de desenvolvemento industrial.

Se a entidade beneficiaria formaliza un contrato que implique unha contía superior á estipulada, deberá achegar a diferenza.

ii) Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

iii) Outros gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial: ata un máximo de 5.000 € anuais. Os gastos que se consideran elixibles son os seguintes:

1. Gastos de viaxe e axudas de custo da persoa doutoranda para a actividade obxecto da axuda.

2. Pequeno equipamento inventariable e material funxible.

3. Gastos de servizos de tecnolóxicos externos relacionados co proxecto de doutoramento industrial.

a.2) Adicionalmente aplicarase unha axuda para a realización de estadías no estranxeiro de tres meses de duración co obxectivo de contribuir á formación da persoa doutoranda. Esta axuda financiarase nun pagamento único no exercicio 2023, logo de xustificación dos gastos e da presentación da memoria da estadía realizada, e o seu importe máximo será de 6.000 € modulable en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:

a) Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.

b) Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá.

c) Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.

Durante o período de estadía, a entidade beneficiaria terá que subscribir para cada persoa investigadora un seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto sexan insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.

b) Para as universidades do SUG:

O importe máximo da axuda concedida á universidade para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial será de 10.000 euros anuais, que deberá ser xustificado sobre os conceptos seguintes e de acordo cos criterios definidos no apartado anterior:

i) Outros gastos relacionados co proxecto de doutoramento industrial. Os gastos que se consideran elixibles son os seguintes:

1. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación, sempre que non estea vinculado funcionarial ou estatutariamente coa entidade que o contrate. Esta contratación non creará ningún compromiso en canto á súa posterior incorporación á entidade beneficiaria. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión, así como o cofinanciamento das persoas contratadas ao abeiro de convocatorias competitivas dos programas estatais de recursos humanos.

2. Pequeno equipamento inventariable e material funxible.

3. Material bibliográfico, cotas de coloquios e congresos e adhesión a sociedades científicas. Non se considerarán elixibles os gastos derivados da realización de publicacións científicas.

4. Viaxes e axudas de custo para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % da axuda debidamente xustificada anualmente.

5. Ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.

6. Gastos de servizos tecnolóxicos externos.

7. Custos indirectos ou gastos xerais que regulamentariamente exixen as entidades á persoa contratada, que non superarán o 20 % da axuda debidamente xustificada anualmente.

8. Custos de auditoría.

ii) Custo da matrícula a tempo completo da persoa doutoranda no Programa de doutoramento industrial.

Os importes das axudas só poderán ir destinados ao financiamento das actividades necesarias para o desenvolvemento desta convocatoria.

O orzamento do programa non poderá considerar retribucións aos membros fixos dos equipos investigadores nin gastos correspondentes á adquisición de mobiliario.

En ningún caso lle serán exixibles á Consellería de Cultura, Educación e Universidade e á Gain máis obrigas que o cumprimento das condicións da subvención ou axuda nos termos sinalados nesta convocatoria.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación de solicitudes

Presentarase unha única solicitude por parte da empresa ou centro de innovación e tecnoloxía obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado do anexo II.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

3. Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxia con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

4. Se opta á axuda para estadías, deberá indicar este aspecto e a zona a que pertence o país de destino da estadía no punto sinalado no formulario de solicitude (anexo II). Se non se indica a zona, considerarase que a persoa candidata non solicita a axuda para estadías.

Artigo 9. Documentación complementaria

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1. Documentación relativa ao proxecto de investigación de doutoramento industrial.

• Memoria técnica do proxecto de investigación que se vai realizar, cunha extensión máxima de 10.000 palabras, en que consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo.

– Metodoloxía.

Responsabilidades e tarefas dos beneficiarios.

– Planificación temporal.

– Transferencia de resultados.

• Memoria xustificativa do valor singular e impacto do proxecto sobre a I+D da empresa (máximo 1.500 palabras).

• Memoria xustificativa dos obxectivos e criterios metodolóxicos que achegan ao proxecto un avance de coñecemento suficientemente xustificado para dar lugar a unha tese doutoral para os efectos de optar á mención de doutoramento industrial (máximo 1.500 palabras).

• Memoria xustificativa da adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas da RIS3 definidas no anexo I desta orde (máximo 1.000 palabras).

2. Declaración de compromiso asinado entre a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía e a universidade de achegar o convenio de colaboración asinado entre a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía e a universidade, conforme o establecido no artigo 4.3 da presente convocatoria.

3. Documentación relativa á empresa ou centro de innovación e tecnoloxía.

Memoria curricular da súa experiencia en investigación colaborativa e competencia para o desenvolvemento do proxecto proposto a partir da acreditación dalgún dos seguintes requisitos, con indicación da referencia (código de procedemento, número de expediente, título de proxecto ou contrato, tipo de participación e/ou socios) que permita identificar a axuda ou actividade específica:

– Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2017 e 2020.

– Ter experiencia na execución de proxectos de I+D colaborativos (Interconecta...) ou en contratos de I+D Universidade-Empresa.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2017 e 2020, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de líder.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2017 e 2020, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de socio.

4. Documentación relativa á universidade.

a) Indicación do grupo a que pertence a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese e convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola que se acredite a súa cualificación no marco do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG.

5. Documentación relativa ao persoal candidato doutorando.

a) Anexo III. Declaración asinada pola persoa candidata doutoranda industrial a ser destinataria da axuda en que conste:

– Que presenta a súa candidatura a través dunha única entidade solicitante.

– Que non foi seleccionada ou contratada con cargo a outras convocatorias predoutorais da Xunta de Galicia.

– Que non ten o título de doutor ou doutora.

b) Declaración da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, segundo o anexo IV.

c) Certificación da universidade en que está matriculada a persoa candidata, asinada pola persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación ou persoa en quen delegue, conforme o modelo normalizado do anexo V, na cal se fagan constar os seguintes aspectos:

1º. Programa de doutoramento en que está matriculada a persoa candidata no curso 2021/22.

2º. Título de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica, enxeñaría técnica, diplomatura ou equivalente en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao EEES empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento, universidade e campus onde se cursou, data de finalización e número de créditos superados.

3º. Nota media con que se concorre a esta convocatoria, calculada de acordo cos seguintes criterios:

– No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título universitario oficial español de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a nun grao de polo menos 300 créditos, valorarase a totalidade dos créditos ou materias superadas.

– No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título de graduada ou graduado de menos de 300 créditos, diplomada ou diplomado, enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico, arquitecta técnica ou arquitecto técnico e mestra ou mestre, a nota media realizarase tendo en conta estes estudos máis a totalidade dos créditos superados no máster ou equivalente. Débense ter completado polo menos 300 créditos no conxunto dos estudos universitarios de grao ou primeiro ciclo e de máster ou equivalente. O cálculo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:

(X*C1+M*C2) / (C1+C2)

Onde:

X: nota media obtida no grao ou no primeiro ciclo.

M: nota media obtida no máster ou equivalente.

C1: créditos superados no grao ou no primeiro ciclo.

C2: créditos superados no máster ou equivalente.

– A nota media do expediente académico para títulos obtidos en sistemas universitarios estranxeiros debe calcularse de acordo co disposto na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Ciencia e Innovación, pola que se actualiza a relación de escalas de cualificación dos estudos ou títulos universitarios estranxeiros e as equivalencias ao sistema de calificación das universidades españolas, publicadas polas resolucións do 21 de marzo de 2016 e do 20 de xuño de 2016. A información pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/20/203615/ficha/203615

A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla á universidade en que está matriculada no programa de doutoramento para o cálculo da nota con que se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia correspóndelle á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para darlle validez a esta, polo que só será válida se está acompañada do certificado académico oficial orixinal, ou fotocopia compulsada e, se é o caso, da tradución correspondente.

En todos os casos, a nota con que se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos.

d) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 5 sobre as datas de finalización dos estudos, se é o caso, incluído o certificado que acredite o grao de discapacidade da persoa candidata se non está expedido pola Xunta de Galicia.

e) Aprobación do proxecto de tese pola comisión académica do programa de doutoramento correspondente.

f) Certificación da matrícula que na fase de solicitude poderá ser a tempo parcial, pero deberá estar formalizada necesariamente a tempo completo antes da sinatura do contrato nun programa de doutoramento asinada pola persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación ou persoa en quen delegue, e na cal se faga constar o programa de doutoramento en que está matriculada no curso 2021/22.

g) Certificado do nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira en que figure expresamente o nivel alcanzado de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas.

h) Certificado da persoa candidata de ter desfrutado dunha bolsa ou prácticas en empresa ou centro de innovación e tecnolóxico.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

8. No caso de ter solicitado a axuda para estadía, antes do 31 de outubro de 2022 ou no prazo dun mes desde a data de comezo dos contratos no caso das persoas que acceden a través da lista de espera, a entidade beneficiaria deberá remitirlle á Gain e á SXU a seguinte documentación:

a) Plan de traballo asinado pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora da tese.

b) Carta de aceptación do centro de destino asinada pola persoa directora do centro ou figura equivalente. O centro de destino deberá estar situado nun país incluído na zona que se indicou na solicitude e pola que se concedeu a axuda.

c) Autorización de ausencia da entidade beneficiaria.

Antes do inicio do período de estadía, a Gain e a SXU publicarán nas súas páxinas web a relación de persoas que desfrutarán de estadía, con indicación da entidade contratante, o país e a zona de destino.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás que os beneficiarios se opoñan á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Informe de vida laboral da persoa candidata.

h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Concesións pola regra de minimis.

j) Concesións de subvencións e axudas.

k) Certificado de discapacidade da persoa candidata. Este servizo só se consultará no caso de que as circunstancias lle sexan de aplicación.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Instrución do procedemento

1. A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Gain.

2. O órgano instrutor comprobará que todas as solicitudes estean debidamente cubertas e que se achegue a documentación exixida e exporán a lista das solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas da exclusión, na internet no enderezo http://gain.xunta.gal

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderáselle requirir á entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver os procedementos.

3. Esta lista estará exposta na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal por un período de 10 días naturais e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Dirección da Gain. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, a persoa titular da Dirección da Gain ditarán unha resolución pola que se aproban a lista definitiva das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicará na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a Presidencia da Gain, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada serán causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 13. Criterios de valoración

1. Os criterios e o baremo que rexerán no proceso de avaliación e selección serán os seguintes:

a) Expediente académico: nota media segundo os criterios sinalados no artigo 5.4.5. Esta nota media do expediente académico, aproximada a catro decimais, multiplicada por tres. Puntuación máxima 20 puntos.

b) Persoa designada para dirixir a tese nas universidades do SUG. Puntuación máxima 15 puntos:

– Pertenza a un grupo con potencial de crecemento, que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2018 a 2020: 10 puntos.

– Pertenza a un grupo de referencia competitiva que contase con financiamento nalgunha das convocatorias de 2017 a 2020: 15 puntos.

Só se valorará por unha das epígrafes, de xeito que non son acumulativas entre si.

c) Para as empresas ou centros de innovación e tecnolóxicos: puntuación máxima 15 puntos:

– Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2017 e 2020: 8 puntos.

– Ter experiencia na execución de proxectos de I+D colaborativos (Interconecta...) ou en contratos de I+D Universidade-Empresa: 10 puntos.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2017 e 2020, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de socio: 12 puntos.

– Ter participado no desenvolvemento de proxectos concedidos polo Programa marco de I+D da Unión Europea, entre os anos 2017 e 2020, en proxectos en que a entidade solicitante participase en calidade de líder: 15 puntos.

Só se valorará por unha das epígrafes, de xeito que non son acumulativas entre si.

d) Proxecto de traballo de investigación industrial que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a: puntuación máxima 20 puntos:

– Obxectivos e contidos básicos do traballo (ata 15 puntos).

– Metodoloxía (ata 3 puntos).

– Planificación temporal (ata 1 punto).

– Transferencia de resultados (ata 1 punto).

e) Adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas definidas no anexo I nunha escala de 1 a 15, de acordo coa seguinte desagregación:

– Moi pouco adecuado: ata 0,5 puntos.

– Pouco adecuado: desde 0,6 a 5 puntos.

– Adecuado: desde 5,1 a 10 puntos.

– Moi adecuado: desde 10,1 a 15 puntos.

A valoración das epígrafes c) e d) será realizada por un equipo avaliador formado por persoas expertas a partir da documentación indicada no artigo 10.

f) Nivel de coñecemento da persoa candidata dalgunha lingua estranxeira segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (non se considerará lingua estranxeira a do país de orixe ou de nacionalidade):

– B2 ou equivalente: 2,5 puntos.

– C1 ou equivalente: 5 puntos.

– C2 ou equivalente:10 puntos.

Poderán sumarse as puntuacións correspondentes a varios certificados de linguas diferentes, pero non se acumularán as puntuacións de diferente nivel dunha mesma lingua. A puntuación máxima desta epígrafe será de 10 puntos.

g) Ter desfrutado a persoa candidata dunha bolsa ou prácticas en empresa ou centro de innovación e tecnolóxico: 5 puntos.

A puntuación final das persoas candidatas obterase coa suma das puntuacións obtidas en cada epígrafe.

A puntuación final, xunto cos seus valores desagregados, farase chegar á comisión de selección, que elaborará un informe para o órgano instrutor de acordo coas bases da convocatoria e a dispoñibilidade de recursos.

Artigo 14. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección estará constituída por oito membros:

– A persoa directora da Área de Centros da Gain ou persoa en quen delegue, ou a persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, que actuará como presidenta ou presidente da comisión.

Serán vogais da comisión:

– Unha directora ou un director de área da Gain ou persoa en quen delegue.

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Unha xefa ou un xefe de departamento da Gain, que actuará como secretaria ou secretario da comisión.

– Unha xefa ou un xefe de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas pola presidenta ou polo presidente da Comisión de Selección.

2. As solicitudes ordenaranse por orde decrecente de puntuación final e as prazas adxudicaranse comezando pola persoa candidata de maior puntuación, respectando, en todo caso, o establecido no artigo 7.3.

3. No caso de que cos criterios enunciados anteriormente se produza unha igualdade de puntuación, utilizaranse os seguintes criterios de desempate:

1º. Prevalecerán as mulleres sobre os homes.

2º. A solicitude da persoa candidata que obteña maior puntuación na valoración do proxecto de traballo de investigación industrial en galego (artigo 13.1.d).

3º. A solicitude da persoa candidata que concorre a esta convocatoria con maior nota media, calculada de acordo co punto 3 do artigo 9.5 e certificada pola universidade no anexo V.

4. Tendo en conta os puntos anteriores, a comisión de selección elaborará un informe para o órgano instrutor en que fará constar a súa proposta coa relación de persoas candidatas a ser destinatarias das axudas, distribuídas por entidades beneficiarias e especificando a avaliación que lles corresponde segundo os criterios establecidos no artigo 13.

5. Complementariamente, e sempre que o número de solicitudes avaliadas positivamente o permita, a comisión de selección incluirá no informe unha lista de espera, na cal figurarán por orde decrecente de puntuación final as solicitudes que non acaden a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda, pero que teñan unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección. A lista estará formada por un número equivalente ao 50 % das axudas concedidas.

6. A proposta de concesión formulada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión, así como, de ser o caso, a lista de espera para posibles substitucións, publicaranse na internet, nas epígrafes de axudas http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Esta publicación terá só efectos informativos.

Para avaliar os aspectos científico-técnicos e de potencial transferencia asociados ás solicitudes no proceso de selección, a Axencia Galega de Innovación e a Secretaría Xeral de Universidades poderá solicitar o asesoramento de expertos nas materias específicas que se consideren necesarios.

A Comisión de Selección emitirá un informe final no cal figurarán, de xeito individualizado, as solicitudes propostas para obter a subvención, e especificarase a avaliación que lles corresponde. A Comisión de Selección distribuirá as axudas de maneira que garanta un mínimo de 12 beneficiarios na categoría de empresas e 3 beneficiarios na categoría de centros de innovación e tecnoloxía, salvo que non haxa solicitudes suficientes en cada categoría.

A Comisión de Selección poderá propor unha listaxe de reserva, priorizada debidamente e integrada polas solicitudes que non recibisen a axuda.

Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada unha delas sen superar o crédito dispoñible.

Artigo 15. Resolución de concesión das axudas

1. A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación e á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución, que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de persoas seleccionadas co importe da axuda concedida e a lista de espera, de ser o caso, e a desestimación expresa do resto das solicitudes. Gain asumirá o financiamento das empresas e centros de innovación e tecnoloxía e con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG.

2. A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, e na páxina web da Gain (http://gain.xunta.gal) e na páxina web da SXU (http://www.edu.xunta.gal) pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Gain, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

A resolución publicarase no prazo máximo de 4 meses desde o inicio do prazo de presentación de solicitudes. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entenderen desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 16. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Aceptación da axuda

1. Unha vez asinada a resolución, as empresas e os centros de innovación e tecnoloxía beneficiarios deberán remitirlle á Gain e as universidades beneficiarias deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades un escrito de aceptación da axuda no prazo de dez días contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, e vincularanse as persoas seleccionadas mediante a formalización do correspondente contrato.

2. Nos contratos deberá facerse referencia expresa:

a) Ao seu financiamento con cargo ás axudas de apoio ao Programa de doutoramento industrial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e da Gain.

b) Á data de incorporación efectiva da persoa contratada ao seu posto de traballo.

c) Á retribución bruta anual, ao lugar de prestación de servizo e á duración do contrato, que deberá ser con dedicación a tempo completo.

3. A data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será, en todo caso, antes do 1 de decembro de 2021, agás para as persoas non comunitarias, que poderá ser ata o 31 de decembro de 2021.

A non formalización do contrato dentro do prazo previsto considerarase unha renuncia tácita á axuda.

4. Calquera modificación dos termos polos cales a axuda foi concedida terá que ser comunicada e autorizada pola Gain ou pola Secretaría Xeral de Universidades.

Artigo 18. Libramento da subvención

1. As entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

2. Para proceder ao libramento da axuda correspondente aos contratos e aos seus custos sociais, en relación coas empresas ou centros de innovación e tecnoloxía, será preciso que a entidade correspondente remita a copia dos contratos asinados no prazo dun mes contado desde a súa sinatura e a xustificación da axuda nos termos que a continuación se indican:

a) Declaración/certificación da asignación efectiva da persoa directora ou codirectora da tese pola que a persoa investigadora foi avaliada, que se enviará xunto co correspondente contrato.

b) Memoria de seguimento asinada polo doutorando ou doutoranda industrial e pola persoa directora ou codirectora da tese.

c) Convenio ou acordo de colaboración asinado para desenvolver o proxecto de doutoramento industrial que contratará o doutorando ou doutoranda.

d) Informe favorable da Comisión académica do programa de doutoramento (CAPD) e da persoa responsable por parte da empresa ou centro de innovación e tecnoloxía.

e) Copia das nóminas aboadas ao persoal contratado, así como os documentos bancarios correspondentes que acrediten o seu pagamento, e mais os impresos de liquidación nominal do IRPF e xustificantes do seu pagamento.

f) No suposto de que os beneficiarios deneguen expresamente ou se opoñan á súa consulta polo órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, deberán achegar a documentación acreditativa de se encontrar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

g) Certificado de dedicación exclusiva ao proxecto asinado pola persoa investigadora e pola persoa directora ou codirectora da tese durante o período de xustificación.

h) Certificado asinado polo órgano responsable de control da entidade onde conste a permanencia efectiva e a dedicación exclusiva da persoa investigadora ao programa.

i) Certificación do pagamento das estadías realizadas, memoria asinada pola persoa contratada co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese, e certificado do centro receptor, no caso de aquelas persoas contratadas ás cales se lles concedese a axuda para estadías desta convocatoria.

3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:

Período de xustificación

Data límite de presentación

1ª xustificación: desde a data de comezo dos contratos ata o mes de novembro de 2021, este incluído.

– A documentación indicada nas epígrafes a), c) e d) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación unicamente se librarán os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias.

15 de decembro de 2021

2ª xustificación: mensualidades de novembro de 2021 a abril de 2022, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias.

30 de xuño de 2022

3ª xustificación: de maio de 2022 a outubro de 2022, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

15 de decembro de 2022

4ª xustificación: de novembro de 2022 a abril de 2023, ambos os meses incluídos.

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias.

30 de xuño de 2023

5ª xustificación: de maio de 2023 a outubro de 2023, ambos os meses incluídos

– A documentación indicada nas epígrafes a), b), d), e), f), g), h) e i) do punto 2 deste artigo.

Coa data do pagamento relativo a esta xustificación libraranse o importe das estadías.

15 de decembro de 2023

6ª xustificación: de novembro de 2023 a abril de 2024, ambos os meses incluídos

– A documentación indicada nas epígrafes e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo.

30 de xuño de 2024

7ª xustificación: de maio de 2024 ata a finalización dos contratos

– A documentación indicada nas epígrafes d), e), f), g) e h) do punto 2 deste artigo e a documentación que se indica no punto 5 deste artigo que se ten que enviar coa última xustificación.

15 de decembro de 2024

4. Para a xustificación da axuda para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial, as universidades do SUG deberán achegar a documentación á Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidades a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, antes do 30 de novembro das anualidades 2022, 2023 e 2024, e terá que incluír os seguintes documentos:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento durante o período da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b) Conta xustificativa con entrega de informe de auditoría, de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A conta xustificativa terá o seguinte contido:

– Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo 48.1 do citado regulamento.

– Memoria económica, que conterá unha relación detallada dos gastos efectuados na realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupados por conceptos de gasto, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento.

c) Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que deberá manifestarse sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

d) Declaración da persoa directora académica en que se recolla a relación do persoal que forma parte do seu equipo de investigación, de ser o caso.

e) Certificación, debidamente actualizada, acreditativa de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social e no cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado e coa Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a entidade solicitante se opoña a que o órgano xestor solicite as certificacións que deban emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de Galicia.

f) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Os investimentos e pagamentos que se efectúen desde o 1 de decembro da anualidade corrente poderán presentarse como xustificante da anualidade seguinte. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas, Seguridade Social e IRPF dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Considérase gasto realizado aquel que efectivamente se pagase con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior para axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación.

5. Para a xustificación da axuda para o desenvolvemento do proxecto de doutoramento industrial, a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía deberán achegar a documentación correspondente antes do 15 de decembro das anualidades 2022, 2023 e 2024, e terá que incluír os seguintes documentos:

a) A titularidade da conta da entidade beneficiaria onde se deba efectuar o pagamento.

b) Documentación xustificativa do gasto: os gastos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa pagados.

– Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

c) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios ou documentos obtidos a través da banca electrónica. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase dunha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas ditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da empresa selada polo banco coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

6. Xunto coa última xustificación, a empresa ou centro de innovación e tecnoloxía presentará:

a) Unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades, correspondente á propia entidade beneficiaria.

b) Unha copia da vida laboral de cada persoa contratada durante o período de permanencia no programa (no caso de que a persoa candidata non autorizase a súa consulta).

c) Memoria final do traballo realizado asinado pola persoa contratada, co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese, que recolla os puntos indicados no artigo 25.3.

No caso de que a persoa contratada renuncie antes do remate do período da axuda, a copia da vida laboral e a memoria final do traballo realizado presentarase dentro do prazo dun mes desde a súa renuncia.

7. Para os casos de meses incompletos, o cálculo do importe correspondente a esa fracción de mes realizarase dividindo o importe máximo anual entre 360 días e multiplicando o resultado polo número de días traballados nese mes.

8. Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

9. Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

10. Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade.

Artigo 19. Réxime de compatibilidade

1. As entidades beneficiarias poderán compatibilizar as axudas reguladas nesta orde con outras axudas ou subvencións financiadas con fondos públicos ou privados que teñan unha finalidade análoga. De acordo coa normativa aplicable, o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, ingresos e recursos, non poderá superar o custo da actividade subvencionada.

2. Os contratos que se formalicen con cargo a estas axudas serán incompatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade e, en xeral, coa percepción de calquera contía que teña natureza salarial. Non obstante, a persoa contratada poderá recibir bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación).

3. Períodos de ausencia temporal do centro de adscrición:

3.1. No caso de ausencias temporais de ata 7 días da persoa contratada, será necesaria a autorización do entidade contratante, pero non é necesario a comunicación á Gain.

3.2. As ausencias temporais de máis de 7 días non financiadas nesta convocatoria, conten ou non con algún tipo de financiamento, deberán ser autorizadas pola Gain. Nestes casos será preciso que a entidade beneficiaria presente, xunto coa solicitude de autorización, unha breve memoria descritiva dos traballos, asinada pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora ou codirectora da tese, con indicación expresa de que son compatibles co seu traballo e co contrato asinado.

Os períodos de ausencia temporal da entidade de adscrición en ningún caso poderán superar os 6 meses ao longo dos tres anos de contrato nin poderán superporse cos últimos 6 meses de contrato, salvo circunstancias excepcionais debidamente xustificadas.

4. O persoal investigador contratado ao abeiro destas axudas poderá prestar colaboracións complementarias en tarefas docentes ata un máximo de 30 horas anuais, por pedimento propio e coa aprobación da persoa directora de tese, respectando en todo caso a normativa vixente de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

Esta colaboración realizarase en docencia de máster (preferiblemente) ou grao e non poderá supor a substitución da docencia do profesorado responsable da materia, e deberá de facerse en coordinación e en paralelo co responsable docente. En ningún caso a persoa contratada con cargo a estas axudas poderá ser responsable ou coordinadora da materia.

5. No momento en que algunha das persoas contratadas realice a lectura da súa tese de doutoramento, a entidade beneficiaria deberá comunicarllo á Gain e á SXU, con indicación, no caso de ter desfrutado da axuda por estadía, de se obtivo a mención de doutor ou doutora internacional, no prazo dos 15 días seguintes. A obtención do grao de doutor supón a extinción da axuda predoutoral.

Artigo 20. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando o/a beneficiario/a reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain).

Artigo 21. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga da entidade beneficiaria de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará, no marco do artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, serán os seguintes:

a) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 10 % da axuda concedida.

b) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas incompatibles dará lugar ao reintegro do 100 % da axuda percibida máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

c) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas compatibles dará lugar ao reintegro parcial do 5 % da axuda concedida.

d) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas compatibles dará lugar ao reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Renuncia das axudas e interrupcións

1. No caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Gain e á Secretaría Xeral de Universidades, dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza. Deberase xuntar un informe da entidade beneficiaria indicando se a persoa contratada desenvolveu unha actividade satisfactoria que permitise o seu perfeccionamento e especialización profesional durante a permanencia no programa.

2. Poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2021. Para cubrir estas renuncias, seguirase a prelación da lista de espera definida no artigo 11.7, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produza a renuncia.

A persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Dirección da Gain, segundo que as novas incorporacións procedan da lista de espera da Gain.

3. No caso de que a persoa seleccionada perdese a condición de contratada unha vez percibidas as axudas, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido ás entidade financiadoras (Secretaría Xeral de Universidades e Gain), dentro do prazo máximo de 15 días desde que se produza.

4. As entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo da suspensión dos contratos financiados cando estas suspensións se produzan polas seguintes causas:

a) Nacemento.

b) Adopción.

c) Garda con fins de adopción ou acollemento.

d) Risco durante o embarazo.

e) Risco durante a lactación natural de menores de nove meses.

f) Incapacidade temporal durante o embarazo por causas vinculadas con el.

g) Incapacidade temporal por causas distintas ás do punto anterior por un período mínimo dun mes.

h) As situacións previstas no artigo 45.1.n) do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, como medida de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

5. Cando se produza a suspensión do contrato pola concorrencia dalgunha destas situacións, as entidades beneficiarias poderán solicitar a interrupción e a prórroga do prazo de execución da axuda correspondente ao tempo de suspensión, no prazo de 10 días hábiles desde que esa baixa se produza.

6. A interrupción e a prórroga indicadas deberán ser autorizadas polo órgano concedente correspondente, que poderá solicitar os informes que considere. A entidade correspondente deberá achegar o contrato ou o documento xustificativo da prórroga que cubra o dito período, no prazo dun mes desde a súa sinatura.

7. Cando se autorice a interrupción e a prórroga, non se considerarán subvencionables os gastos derivados da contratación en que poida incorrer a entidade beneficiaria (retribución salarial e cota patronal da Seguridade Social) durante o tempo de interrupción, polo que non deben de incluírse nas certificacións de xustificación económica. A duración do contrato verase ampliada por un período idéntico ao da interrupción, para os efectos recollidos nesta convocatoria.

Esta autorización en ningún caso supón un aumento na contía da axuda concedida inicialmente. Calquera incremento no pagamento da cota patronal da Seguridade Social como consecuencia do período prolongado será por conta da entidade beneficiaria.

Artigo 23. Dereitos e obrigas

1. Son obrigas xerais da entidade contratante, sen prexuízo das derivadas da relación laboral que se estableza:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Manter unha pista de auditoría suficiente e manter de forma separada na contabilidade os ingresos da axuda percibida, así como os custos directos de persoal, e conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes durante un período de tres anos.

c) Formalizar un contrato de duración determinada con dedicación a tempo completo coa persoa candidata seleccionada.

d) Proporcionarlle o apoio necesario e facilitarlle a utilización dos medios, instrumentos ou equipamentos que resultan precisos, para o normal desenvolvemento da súa actividade.

e) Permitir a súa integración nos departamentos en que leven a cabo o seu labor. As empresas e centros onde se integren estarán obrigados a garantirlles os dereitos e prestacións que ten o persoal do centro de similar categoría co obxecto de que cumpran as súas obrigas.

f) Contratar un seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto fosen insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.

2. As persoas contratadas mediante estas axudas teñen as seguintes obrigas e dereitos:

a) Cumprir as condicións e obrigas establecidas nesta convocatoria.

b) Aterse ao réxime interno ou de funcionamento da institución en que desenvolvan as súas actividades, especialmente no relativo ás condicións de traballo e normas de prevención de riscos laborais.

c) Presentar a memoria final do traballo realizado a que se fai referencia no artigo 21.3 desta convocatoria.

d) Ademais dos dereitos de carácter xeral que se sinalan no artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación e no artigo 5.1 do Real decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, as persoas contratadas mediante estas axudas teñen dereito a beneficiarse dos dereitos de carácter laboral, así como dos relativos á Seguridade Social, que deriven do contrato que formalicen coa entidade de adscrición.

3. Son obrigas específicas de publicidade, tanto para as entidades beneficiarias como para as persoas contratadas, as seguintes:

a) Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias das axudas, así como as persoas contratadas con cargo a elas, deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para isto, nas accións de difusión, así como nos resultados da produción científica e calquera outras accións que se realicen ao abeiro destas axudas, deberá figurar expresamente o cofinanciamento das actuacións con fondos do Programa de doutoramento industrial da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Universidade ou da Gain, segundo sexa o caso), acompañado, sempre que sexa posible, do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

Artigo 24. Control

1. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Gain poderán levar a cabo as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Antes do remate de cada ano de contrato, cada entidade remitirá o informe favorable da CAPD e da persoa directora por parte da empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, xunto coa proposta de renovación e a prórroga do contrato, de ser o caso.

3. Cando a persoa contratada abandone o programa, ben por renuncia ou por ter rematado o período de permanencia nel, a entidade beneficiaria remitirá unha memoria asinada pola persoa contratada e pola persoa directora ou codirectora da tese, no prazo dun mes desde a extinción da relación laboral, na cal consten os seguintes aspectos:

a) Data de lectura da tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido.

b) Indicación de se acadou a mención de doutor ou doutora internacional ou non, no caso de ter desfrutado da axuda para estadía.

c) Breve resumo dos principais obxectivos de investigación acadados.

d) Estadías ou ausencias temporais realizadas.

e) Melloras do currículo durante a etapa en que gozou da axuda.

4. A Gain poderá solicitar un informe ás entidades beneficiarias sobre a execución das axudas e, en particular, sobre as persoas contratadas, a lectura da súa tese de doutoramento ou a explicación do motivo de non tela lido, e a situación actual do/da contratado/a. Este informe poderá ser solicitado durante os dous anos seguintes á data límite de xustificación da última anualidade, coa finalidade de comprobar o impacto das axudas concedidas.

5. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos que teñan atribuídas facultades de control sobre estes fondos.

Artigo 25. Dotación orzamentaria

1. As axudas deste procedemento administrativo, que ten como código IN606D, imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10.20.561B.744.0, 06.A2.561A.470.0, 06.A2.561A.480.0, 06.A2.561A.770.0 e 06.A2.561A.781.0 correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, coa seguinte distribución por anos:

Entidade beneficiaria

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria
e código de proxecto

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

Total

Empresas

12

06.A2.561A.470.0 (2016.4)

12.000,00 €

300.000,00 €

372.000,00 €

288.000,00 €

972.000,00 €

06.A2.561A.770.0(2016.4)

0,00 €

60.000,00 €

60.000,00 €

60.000,00 €

180.000,00 €

Centros de innovación e tecnoloxía

3

06.A2.561A.480.0 (2016.4)

3.000,00 €

75.000,00 €

93.000,00 €

72.000,00 €

243.000,00 €

06.A2.561A.781.0 (2016.4)

0,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

45.000,00 €

Universidades do SUG

15

10.20.561B.744.0 (2016.129)

0,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

450.000,00 €

Total convocatoria

15.000,00 €

600.000,00 €

690.000,00 €

585.000,00 €

1.890.000,00 €

2. A Axencia Galega de Innovación só financiará as axudas que correspondan ás empresas e centros de innovación e tecnolóxico e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG por importe de 450.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.561B.744.0 (código de proxecto 2016 00129) no marco do Plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia 2016-2020 (aprobado polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de outubro de 2015, DOG número 221, do 19 de novembro), que se atopa prorrogado en 2021 ao abeiro do disposto no artigo 36 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A anualidades 2022, 2023 e 2024 integrarase no novo Plan de financiamento para os anos seguintes, sempre que así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

3. En cada organismo financiador a distribución de fondos e as aplicacións orzamentarias sinaladas son unha previsión que, de acordo co artigo 31 do Regulamento de subvencións de Galicia, se deberá axustar tras a valoración das solicitudes para adecuarse á proposta elaborada pola Comisión de Selección. Será posible incluso a incorporación de novas aplicacións sen incrementar o crédito total, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias.

4. Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Artigo 26. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten como código IN606D, poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.

b) Nos teléfonos 981 95 70 12, 981 95 70 00 da dita axencia.

c) No enderezo electrónico centros.gain@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

4. En cumprimento do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo de dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

Esta orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación ou a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación
e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación
e presidente da Axencia Galega
de Innovación

ANEXO I

Liñas estratéxicas de investigación

Reto

Prioridade

Obxectivos

Xestión innovadora de recursos naturais e culturais

Valorización dos recursos do mar

Pór en valor os subgrupos e residuos vinculados ao mar, como os descartes da pesca ou os refugallos da industria conserveira.

Modernización da acuicultura

Modernizar a acuicultura para xerar novos produtos e servizos de base tecnolóxica, principalmente a través da aplicación de coñecemento da biotecnoloxía e das TIC.

Modernización dos sectores agrogandeiro, pesqueiro e forestal

Modernizar os sectores pesqueiro, agrícola, gandeiro e forestal para que as explotacións sexan máis eficientes e rendibles e tamén para xerar produtos e servizos innovadores.

Mellora da obtención de enerxía a partir dos recursos naturais

Diversificar o sector enerxético galego mellorando a explotación dos recursos naturais para obter enerxía, en especial a través da produción de biomasa, da enerxía undimotriz, das torres eólicas offshore e dos biocombustibles de orixe mariña.

Modernización do sector turístico e das industrias culturais a través das TIC, así como novas metodoloxías de estudo no ámbito da cultura

Para lograr un posicionamento competitivo a nivel europeo establécese o obxectivo de modernizar o sector do turismo e das industrias culturais a través das TIC, así como a aplicación de novas metodoloxías e fórmulas innovadoras nos estudos culturais.

O modelo industrial da Galicia do futuro

Diversificación dos sectores industriais tractores

A diversificación da actividade dos sectores industriais que exercen un papel tractor na economía galega, implementando medidas que fomenten un cambio de orientación nas empresas –maioritariamente pemes de capacidade tecnolóxica media-baixa– para favorecer modelos de negocio baseados na innovación e na tecnoloxía.

Mellora da competitividade industrial

Potenciar a competitividade do sector industrial galego mediante a innovación nos procesos produtivos.

Impulso da economía do coñecemento

Impulsar e fortalecer un sector tecnolóxico baseado na economía do coñecemento para reforzar a súa capacidade de tracción sobre o resto dos sectores estratéxicos galegos.

Novo modelo de vida saudable

Envellecemento activo

Converter a Galicia na rexión líder do sur de Europa na aplicación de novas tecnoloxías no ámbito do envellecemento activo e da autonomía persoal, en especial para beneficio das persoas maiores afectadas por algunha discapacidade.

Prevención, diagnose e tratamento de enfermidades

Continuar a facer de Galicia un referente na vangarda da prevención, diagnose e tratamento de enfermidades.

Alimentación saudable e segura

A diversificación do sector alimentario para facer de Galicia un referente internacional da innovación en nutrición e en seguridade alimentaria como chaves para unha vida saudable.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file