Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de setembro de 2021 polo que se somete a información pública a aprobación inicial da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 57 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a aprobación inicial da modificación puntual nº 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo (A Coruña).

Durante o prazo referido calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada) e presentar ante el as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo