Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48328

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución da obra de ampliación e regularización do sistema viario na rúa Torrente Ballester.

Procedemento: expropiación urbanística.

Expediente: 2021/U040/000004.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 16 de setembro de 2021, mediante a Resolución da Alcaldía número 2621/2021, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución do proxecto de obra denominado Ampliación e regularización do sistema viario na rúa Torrente Ballester.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter o referido proxecto a información pública por período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Parcela catastral

Titular

Superficie afectada

1

9353810NH3995S0001AK

Veiga Martínez, Carmen

77,72 m2

2

9353811NH3995S0001BK

Lema Vázquez, Amable e catorce máis

74,97 m2

3

9551338NH3995S0001WK

Becerra Tuset, Consuelo

12,02 m2

4

9353809NH3995S0001YK

Sánchez Lago, José e Sánchez Lago, Anunciación

417,96 m2

5

9551318NH3995S0001FK

Castro Vázquez, Amelia

12,19 m2

6

9551317NH3995S0001TK

Martínez Palleiro, Eduardo José

277,01 m2

7

9353815NH3995S

Comunidade propietarios rúa Arzobispo Gelmírez, 6

40,41 m2

8

9353816NH3995S

Comunidade propietarios rúa Arzobispo Gelmírez, 4

32,08 m2

9

9353817NH3995S

Comunidade propietarios rúa Arzobispo Gelmírez, 1

2,44 m2

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, a fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puido efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 16 de setembro de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1513/2021)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo e Patrimonio