Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 4 de outubro de 2021 Páx. 48295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Lobios (expediente IN407A 2021/124-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT, CTI e RBT polígono 23, parcela 334, Lobios.

Situación: concello de Lobios.

Características principais recollidas no proxecto que foi redactado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, con data do 15.1.2021, quen presenta declaración responsable de habilitación e competencia:

– LMTA, a 20 kV, en condutor nu tipo LA-56 mm2 AL, de 17 m de lonxitude, con orixe no apoio proxectado núm. 28-4 de tipo C-16/1000, que substitúe o apoio existente tipo HV-13/400 da LMT CCH807 (expediente 1718 AT) e remate no centro de transformación (CT) proxectado.

– CT proxectado, intemperie sobre apoio de celosía de tipo C-12/2000, de 100 kVA de potencia aparente e R/T 20.000/400-230 V, con illante en aceite mineral.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados pola instalación eléctrica de referencia figura no anexo desta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, núm. 1-4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Ourense, 10 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2021/124-3.

Termo municipal: Lobios.

Denominación da instalación: LMT, CTI e RBT polígono 23, parcela 334.

Predio núm.: 1.

Lugar: Recegón.

Cultivo: monte alto.

Referencia catastral: 32043A023003110000EJ.

Titular: José Luis Rodríguez Álvarez.

Afección: superficie 10 m2 de ocupación para os apoios 28-4 e 28-4-1 (CT).

Servidume de vo: 17 ml, que representan 272 m2 de superficie afectada.

Acceso CT: 15 ml, que representan 45 m2 de superficie afectada.