De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
As interesadas dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non interpoñeren recurso no tempo e na forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte da notificación.
– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 21 de setembro de 2021
Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Acta Inf. nº |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data resolución |
RL2017/0584-1 |
I152017000117668 |
Pinegal Ecoforest, S.L. |
B70363718 |
A Coruña |
Seguridade e saúde |
15.9.2021 |
RL 2021/0123-1 |
I152021000028058 |
Ferrolterra Mensajería, S.L. |
B27478403 |
Vilalba |
Relacións laborais |
3.9.2021 |