Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48066

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se autorizan centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2021/22.

De conformidade co establecido no artigo 17 da Resolución desta secretaría xeral do 22 de marzo de 2021, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2021/22, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o programa Pluribach, bacharelato de especialización en idiomas.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Centros autorizados

Cód. centro

Nome centro

Etapas autorizadas

32020720

CPR Plurilingüe Miraflores

Bacharelato

36005427

CPR Plurilingüe Lar

Bacharelato