Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento, mediante poxa pública, dun inmoble situado no concello de Lugo.

Pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 5 de xullo de 2021 acordouse o alleamento mediante poxa dun inmoble situado no concello de Lugo.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 22 de xullo de 2021, e nun xornal de ampla difusión (El Progreso do mesmo día) o Anuncio do 7 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, polo que se acorda o alleamento do ben citado, o día 7 de setembro de 2021 celebrouse a poxa pública anunciada, co que, á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e logo da proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro.

Aprobar a seguinte adxudicación:

A Vazmar Lucus, S.L., polo prezo de 401.938,42 €, o seguinte inmoble:

Parcela nº 3, sita no termo municipal de Lugo, parte do polígono industrial denominado O Ceao, procedente doutra de maior superficie sinalada cos números 92, 93 e 94 no plano parcelario do plan parcial do dito polígono. Ten unha extensión superficial de 900 m2, correspondente a un rectángulo de 15 metros de largo por 60 metros de longo ou fondo; con nave industrial de planta baixa de 900 m2 e entreplanta de 172 m2.

Linda: norte ou fronte, rúa A; sur ou fondo, parcela 28; leste ou esquerda, parcela 2; oeste ou dereita, parcela 4.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo, a nome da Comunidade Autónoma de Galicia como finca rexistral nº 60.952, ao tomo 1937, libro 1498, folio 187. Sen cargas.

Referencia catastral: 7169016PH1676N0001LL.

Segundo.

O pagamento do prezo do inmoble adxudicado efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.

A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, e serán por conta do adquirente os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 9.1.2012)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública