Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48161

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cooperativas Lácteas Unidas Clun, S. Coop. Galega

ANUNCIO de cambio de domicilio social.

En cumprimento do artigo 74.2 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, Cooperativas Lácteas Unidas Clun, S. Coop. Galega, en asemblea debidamente convocada e celebrada con data do 30 de xullo de 2021, en Melide (A Coruña), acordouse por unanimidade dos socios o cambio de domicilio social, coa consecuente modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado da seguinte forma:

«O domicilio social da cooperativa establécese no lugar de Arufe, parroquia de San Lourenzo de Agrón, Concello de Ames, provincia da Coruña, 15864, e poderá ser trasladado a outro lugar dentro do mesmo termo municipal por acordo do Consello Reitor. Para o seu traslado a termo municipal distinto será necesaria a decisión correspondente da asemblea».

Ames, 10 de agosto de 2021

José Ángel Blanco Purriños
Presidente do Consello Reitor