Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 1 de outubro de 2021 Páx. 48133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20210300TA-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 21 de xullo de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20210300TA-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio. Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 21 de setembro de 2021

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 20210300TA-LU.

DNI da persoa interesada: 33347405G.

Último enderezo coñecido: rúa Celso Emilio Ferreiro, 1, 3º I, 27560 Monterroso.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: unha infracción leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).