De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que os afecta.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para consultar o expediente poderán solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 45 16, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 17 de setembro de 2021
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado |
Acto notificado |
Zona de concentración parcelaria |
11914011B |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña) |
76519654B |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña) |
14684629A |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña) |