Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 30 de setembro de 2021 Páx. 47807

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2021

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IIGS), a través da FBGS, ao abeiro da convocatoria AES 2020

Sen achega económica

20.1.2021

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), a través da FIDIS, ao abeiro da convocatoria AES 2020

Sen achega económica

20.1.2021

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) para a xestión da formalización dos contratos Río Hortega, concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), a través da FPNS, ao abeiro da convocatoria AES 2020

Sen achega económica

20.1.2021

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Escola Universitaria de Fisioterapia da Once para a realización de prácticas do alumnado do máster universitario en Fisioterapia Respiratoria e Cardíaca

Sen achega económica

16.4.2021

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado do máster propio en Medicina Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía

Sen achega económica

27.4.2021

Convenio entre o Ministerio de Defensa e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para regular as modalidades de actuación no ámbito sanitario derivadas da cesión de emprego do Hospital Básico de Defensa en Ferrol

Sen achega económica

29.4.2021

Convenio entre a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento

Sen achega económica

6.5.2021

Convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e Aena, S.M.E., S.A., para a realización de controis sanitarios voluntarios nos aeroportos de Galicia con motivo da crise sanitaria provocada pola COVID-19

Sen achega económica

12.5.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federacion Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no ámbito sanitario

42.018,00 €

12.5.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade de Vigo para o fomento da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos no ámbito desta universidade

Sen achega económica

13.5.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Bergondo no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Bergondo

153.499,00 €

13.5.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e o centro asociado á UNED na Coruña para o fomento da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos, no ámbito deste centro

Sen achega económica

18.5.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a continuidade e do desenvolvemento do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Sen achega económica

18.5.2021

Acordo de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e a Autoridade Portuaria de Vigo para o fomento da formación en resucitación cardiopulmonar e incremento da capacitación no uso de desfibrilación semiautomática

Sen achega económica

18.5.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Amoeiro no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Amoeiro

7.344,70 €

18.5.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster

Sen achega económica

19.5.2021

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Amancio Ortega Gaona para a adquisición dun secuenciador de ADN para a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

Sen achega económica

19.5.2021

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Vigo para a realización de practicas externas dos estudos oficiais de grao e máster

Sen achega económica

26.5.2021

Convenio marco de actuación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde/Galaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración na posta en marcha do centro de fabricación de medicamentos car-t e outros medicamentos de inmunoterapia celular avanzada de Galicia e a creación dunha unidade mixta de investigación na materia

Sen achega económica

27.5.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

717.600,00 €

31.5.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Bolo no cal se establecen as bases para a reforma do centro de Saúde do Bolo

12.292,39 €

4.6.2021

Convenio de colaboración entre a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da súa Consellería de Sanidade, a Fundación CEOE e a Confederación de Empresarios de Galicia, para a mitigación dos efectos adversos derivados da crise da COVID-19

Sen achega económica

4.6.2021

Convenio de colaboración entre a Fundacion Dialnet da Universidade da Rioja e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

7.6.2021

Convenio de colaboración de actuación conxunta entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Profesor Novoa Santos, para o desenvolvemento do proxecto Sanidade servizo de microbioloxía 4.0, saúde 4.0: innovamicrolab, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración establecido co Ministerio de Ciencia e Innovación e o Servizo Galego de Saúde

411.924,00 €

8.6.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Valdoviño no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Valdoviño

87.088,00 €

15.6.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para a vixilancia dos mosquitos vectores de enfermidade humana e animal

435.600,00 €

15.6.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Consellería do Medio Rural e a Universidade de Santiago de Compostela para a vixilancia das carrachas vectores de enfermidade humana e animal en Galicia

217.800,00 €

18.6.2021

Convenio de colaboración entre a Xunta de Andalucía, a través da Consellería de Saúde e Familias, e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, para a cesión do emprego e a utilización conxunta da aplicación informática que soporta a xestión de mostras, procesos de análise e emisión de resultados do Laboratorio de Saúde Pública, así como a xestión do Catálogo de productos, pedidos internos e control de stock en almacén (LASPB)

Sen achega económica

23.6.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria Santiago de Compostela, para un proxecto de investigación denominado Valores de referencia de cadeas lixeiras Kappa e Lambda libres en soro nunha poboación de Galicia

Sen achega económica

24.6.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Paideia Galiza para o deseño e edición dunha guía de demencias

Sen achega económica

1.7.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Palas de Rei no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Palas de Rei

19.890,07 €

7.7.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro (sede provincial de Ourense), para pór á disposición desta asociación no Hospital Universitario de Ourense, no Hospital Público de Valdeorras e no Hospital Público de Verín (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do programa de apoio e acompañamento en actividades de voluntariado

Sen achega económica

12.7.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Campo Lameiro no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Campo Lameiro

47.406,00 €

20.7.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue e o Servizo Vasco de Saúde-Osakidetza para a execución do proxecto titulado Application for an action grant to support increase capacity for the collection of COVID-19 convalescent plasma in the north of Spain (pppa-eci-ccp-2020 – si2.840556 – 101021269)

Sen achega económica

23.7.2021

Acordo entre o Servizo Galego de Saúde e os colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia para a realización de autotests de control da COVID-19 nas oficinas de farmacia

Sen achega económica

30.7.2021

Protocolo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, o Concello de Vilagarcía de Arousa e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no Concello de Vilagarcía de Arousa

Sen achega económica

30.7.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Rodeiro no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Rodeiro

43.026,49 €

30.7.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilardevós no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Vilardevós

5.328,23 €

3.8.2021