Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 17 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo que se lle notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-14/20 a citación para a entrega da proposta de resolución.

A instrutora do procedemento intentou notificarlle ao interesado a proposta de resolución. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio para que lle sirva de notificación á persoa interesada. A seguir identifícanse a persoa interesada, a referencia do procedemento e o trámite a que se convoca:

Persoa citada: 33278493T.

Procedemento: SXRH-PD-14/20.

Trámite: citación para o día 14 de outubro de 2021, ás 10.00 horas, no Servizo Territorial da Inspección Educativa de Pontevedra (sito na avenida María Victoria, número 43, 7º andar, Pontevedra), co obxecto de entregarlle a proposta de resolución.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade