Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Inxeiro, nos concellos de Ordes e Cerceda (A Coruña) (expediente IN408A 2017/25).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicacións, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. (CIF: B85945475).

Domicilio social: Torre Serrano, r/ Marqués de Villamagna 3, andar 5º, 28001 Madrid.

Domicilio para efectos de notificacións: r/ Fernando de Casas Novoa 35, bloque B, andar 2º, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Inxeiro (nº exp.: IN408A 2017/25).

Concellos afectados pola poligonal: Ordes e Cerceda (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 38,115 MW.

Núm. aeroxeradores que se van instalar: 11 ud. × 3,465 MW de potencia nominal unitaria.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.322,68 horas.

Orzamento de execución material: 32.764.285,84 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Monte Inxeiro

ADE

Ordes

Parque eólico Monte Inxeiro

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

P1

543.475,00

4.772.586,49

Ordes

P2

546.875,00

4.772.586,49

Ordes

P3

546.875,00

4.777.386,49

Ordes

P4

543.475,00

4.777.386,49

Cerceda

Parque eólico Monte Inxeiro

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

MI01

543.799,00

4.775.373,49

Ordes

MI02

544.189,00

4.775.900,49

Ordes

MI03

544.517,00

4.775.772,49

Ordes

MI04

544.837,00

4.775.597,49

Ordes

MI05

545.251,00

4.775.554,49

Ordes

MI06

545.526,00

4.775.388,49

Ordes

MI07

545.812,00

4.775.157,49

Ordes

MI08

545.907,00

4.774.856,49

Ordes

MI09

544.980,00

4.774.002,49

Ordes

MI10

545.295,00

4.773.713,49

Ordes

MI11

545.663,00

4.773.513,49

Ordes

Parque eólico Monte Inxeiro

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

MITP

545.464,00

4.775.672,49

Ordes

Parque eólico Monte Inxeiro

Subestación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

SET

545.318,00

4.775.148,49

Ordes

Características técnicas da instalación:

• Once (11) aeroxeradores tripá, modelo SG132 ou similar, de 3,465 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variables e un diámetro do rotor de 132 m. Cinco deles teñen unha altura do buxe de 114 m e seis de 134 m.

• Once (11) centros de transformación trifásicos con transformador seco para 30 kV, de potencia aparente unitaria 3.900 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha (1) torre meteorolóxica de 136 m de altura (134 m de altura da estrutura da torre máis 2 m de altura do pararraios).

• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) con transformador de potencia intemperie, trifásico, en baño de aceite, de potencia 45/55 MVA (ONAN/ONAF) e relación de transformación 220/30 kV. A SET distribúese da seguinte maneira:

– Parque de 220 kV en intemperie con dúas posicións de liña e unha posición de transformador de potencia 220/30 kV. As posicións incluirán os elementos asociados tales como autoválvulas, transformadores de tensión, transformadores de intensidade, seccionadores e interruptores automáticos.

– Parque de 30 kV, configuración simple barra, cos conxuntos de celas seguintes: unha cela de protección de transformador de potencia, unha posición de transformador de servizos auxiliares de 250 kVA e relación de transformación 30/0,42 kV, unha cela de protección de batería de condensadores, unha cela de medida de tensión en barras e tres celas de protección de liña (circuítos colectores procedentes do parque eólico).

– A SET Monte Inxeiro disporá dun edificio de control con salas independentes para distintos usos.

• O sistema colector de media tensión (MT) está formado por tres circuítos de 30 kV en instalación subterránea e ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET Monte Inxeiro.

• O cable utilizado para a rede colectora de MT será condutor de aluminio RHZ1-2OL, 18/30 kV, de diferentes seccións (95, 150, 240, 400 y 630 mm2).

• A posta a terra da rede de MT está constituída por un cable de cobre espido, de sección mínima 50 mm2, tendido ao largo da canalización de MT no fondo da gabia. O sistema de posta a terra será único para a totalidade do parque eólico (PE).

• Pola mesma gabia das citadas liñas de MT instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica monomodo con fibras de 9/125 μm e que se empregará para a monitorización e o control do parque eólico.

• A enerxía xerada polo parque eólico Monte Inxeiro evacúase desde a subestación do parque a través da liña aérea de alta tensión (LAAT) 220 kV PE Monte Inxeiro, situada no termo municipal de Ordes, de dobre circuíto, condutor LA-455 e 252,26 m de lonxitude. Esta liña, obxecto do presente proxecto, partirá do pórtico da SET Monte Inxeiro e finalizará no apoio 83 da liña de alta tensión (LAT) 220 kV Campelo-Mesón; esta última liña será tramitada por outro promotor e forma parte dun proxecto independente (nº exp.: IN408A 2018/14, en estado de tramitación). O punto de conexión final coa rede de transporte é a SET Mesón do Vento 220 kV, de REE, actualmente en servizo.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (agosto 2021-vsdo. 7.9.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (setembro 2021-asdo. 9.9.2021).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (xuño 2021-vsdo. 10.9.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 62), así como nos concellos de Ordes e Cerceda (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón: https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/monte-inxeiro

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 22 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña