Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 29 de setembro de 2021 Páx. 47688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de ocupación temporal de terreos para a restauración dos predios afectados pola explotación da concesión mineira San Amaro número 2.520.2, no termo municipal de Cangas, presentada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.

O Consorcio de Zona Franca de Vigo, con domicilio social na Área Portuaria de Bouzas, s/n, do Concello de Vigo, solicita o inicio do expediente de expropiación ordinario para a ocupación temporal de terreos situados no concello de Cangas, relacionados no anexo adxunto, que é necesaria para a restauración dos predios afectados pola explotación da concesión mineira denominada San Amaro número 2.520.2, de acordo co plan de labores aprobado mediante a Resolución do 9 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que desenvolve as actuacións necesarias para a execución do Plan de restauración aprobado mediante a Resolución de aprobación de actuacións da Dirección Xeral de Industria do 26 de abril de 1999, todo iso de conformidade co artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas; o artigo 131 do Regulamento xeral para o réxime da minaría; os artigos 21 e 51 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e os artigos 52 a 55 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957.

Tendo en conta o exposto, acórdase abrir información pública durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Cangas, así como no desta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Pontevedra (https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-pública), de acordo co establecido nos artigos 18 e 19 da cita Lei de expropiación e 17 e 18 do seu regulamento.

O que se publica para xeral coñecemento e para que os interesados poidan formular as alegacións que consideren convenientes sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens que se van expropiar, o seu estado material ou xurídico, ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros cometidos na relación de propietarios e predios, así como opoñerse por razóns de forma e fondo á necesidade de ocupación. Neste caso, terán que indicar os motivos polos cales se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos dos incluídos na relación que se publica como anexo a esta resolución. Tamén, e para os únicos efectos da emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa física ou xurídica poderá alegar e presentar os antecedentes ou referencias que sirvan de fundamento para a dita rectificación.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Vigo, 21 de xullo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Identificación das parcelas segundo o catastro

Polígono

Parcela

Lugar

Concello

Provincia

Titular (segundo o catastro)

Referencia catastral

Superficie (m2)

32

45

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Carballo, Manuel

36008A032000450000JZ

572

32

47

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Fernández Campos, José (herdeiros de)

36008A032000470000JH

410

32

48

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Piñeiro Rial, Carmen

36008A032000480000JW

925

32

49

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Hermelo Menduíña, Manuel

36008A032000490000JA

498

32

50

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Hermelo Menduíña, Manuel

36008A032000500000JH

436

32

51

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Hermelo Menduíña, Benito

36008A032000510000JW

361

32

52

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36008A032000520000JA

405

32

53

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Soliño Pérez, Abelardo

36008A032000530000JB

388

32

54

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Carballo, Josefa

36008A032000540000JY

497

32

55

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Carballo, Cándido

36008A032000550000JG

456

32

56

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Carballo, Josefa

36008A032000560000JQ

406

32

57

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Carballo, Serafín

36008A032000570000JP

819

32

58

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Carballo, Jesús (herdeiros de)

36008A032000580000JL

478

32

59

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Canosa Hermelo, Alberto

36008A032000590000JT

375

32

60

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Blanco González, Peregrina

36008A032000600000JP

889

32

61

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Blanco González, Ángel (herdeiros de)

36008A032000610000JL

957

32

62

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Dios Martínez, María

36008A032000620000JT

466

32

63

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Carballo Menduíña, Agustín

36008A032000630000JF

409

32

64

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Carballo, Cándido

36008A032000640000JM

408

32

65

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Campos Hermelo, José

36008A032000650000JO

192

32

66

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Docampo Novas, Manuel

36008A032000660000JK

599

32

67

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Hermelo González, José (herdeiros de)

36008A032000670000JR

188

32

68

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Carballo Menduíña, María

36008A032000680000JD

220

32

69

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Carballo Menduíña, José

36008A032000690000JX

260

32

522

Monte das Bouzas

Cangas

Pontevedra

Granitos Aldán, S.A.

36008A032005220000JE

20.191

32

555

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

En investigacion, artigo 47 da Lei 33/2003

36008A032005550000JS

464

32

562

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Hermelo Menduíña, Manuel (herdeiros de)

36008A032005620000JW

404

32

563

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Menduíña Barreiro, Margarita

36008A032005630000JA

518

32

564

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Villar Piñeiro, Josefa

36008A032005640000JB

433

32

567

Monte das Bouzas

Cangas

Pontevedra

Promalar, S.L.

36008A032005670000JQ

3.791

32

568

Monte das Bouzas

Cangas

Pontevedra

Promalar, S.L.

36008A032005680000JP

15.492

32

569

Monte Chan de Barrallido de Alba

Cangas

Pontevedra

Promalar, S.L.

36008A032005690000JL

17.724

32

570

Monte Chan de Barrallido de Alba

Cangas

Pontevedra

Promalar, S.L.

36008A032005700000JQ

2.191

32

571

Monte Chan de Barrallido de Alba

Cangas

Pontevedra

Promalar, S.L.

36008A032005710000JP

2.495

32

572

Monte Chan de Barrallido de Alba

Cangas

Pontevedra

Promalar, S.L.

36008A032005720000JL

4.149

32

573

Monte Chan de Barrallido de Alba

Cangas

Pontevedra

Promalar, S.L.

36008A032005730000JT

11.052

32

574

Monte Chan de Barrallido de Alba

Cangas

Pontevedra

Abanca Corporación División

Inmobiliaria, S.L.

36008A032005740000JF

4.359

32

575

Monte Chan de Barrallido de Alba

Cangas

Pontevedra

Abanca Corporación División

Inmobiliaria, S.L.

36008A032005750000JM

14.599

32

616

Teixugueira

Cangas

Pontevedra

Crespan Goicoechea, Nestor Francisco Javier

36008A032006160000JE

278

Superficie total

109.754