Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47581

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2021 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica da Expresión Corporal.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 10 de maio de 2021 (BOE do 21 de maio), para a provisión da praza número 21/012, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica da Expresión Corporal, Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación desta universidade, a favor de Víctor Arufe Giráldez, con DNI núm. ***2275**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Víctor Arufe Giráldez profesor titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica da Expresión Corporal, Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 15 de setembro de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña