Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición da Asociación Teletaxi Caldas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 23 de marzo de 2021 recibiuse unha solicitude de inscrición da Asociación Teletaxi Caldas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Revisada a documentación achegada e en virtude do disposto na disposición transitoria terceira da Orde do 17 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, acórdase inscribir a mencionada asociación no citado rexistro.

Pontevedra, 13 de setembro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra