Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afectacións dun predio por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Piñor, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a seguir publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/121-3, correspondente á instalación eléctrica de regulamentación LMTA CNO804-apoios núm. 66-17-7 e núm. 66-17-8 está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º andar de Ourense (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no seguinte portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Ourense, 15 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/121-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA CNO804-apoio nº 66-17-7 e nº 66-17-8.

Concello: Piñor.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Parcela

proxecto

Propietario

Referencia catastral

Apoios nº

Superficie

apoio (m2)

1

Descoñecido; hrdos. Modesta Ojea Fernández

32062A021000880000OL

66-17-8

2