Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a autorización ambiental integrada para a planta de fabricación de cervexa de Hijos de Rivera, S.A.U. en Morás, Arteixo (A Coruña) (expediente 2021-IPPC-I-62).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

«Solicitude de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental da fábrica de cervexas Estrella Galicia en Morás».

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderase acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-M-62.

Peticionaria: Hijos de Rivera, S.A.U.

CIF: A1502637.

Razón social: polígono Industrial A Grela-Bens. Rúa José María Rivera Corral, 6. 15008 (A Coruña).

Localización da instalación: polígono industrial de Morás, parcela M-01, concello de Arteixo (A Coruña).

Actividade: fábrica de cervexas de Estrella Galicia.

Descrición:

O presente proxecto preséntase para a tramitación da autorización ambiental integrada e a avaliación de impacto ambiental para a instalación por parte de Estrella Galicia, S.A.U. dunha nova planta de fabricación de cervexa en Morás (Arteixo).

Esta nova instalación contará cunha capacidade produtiva de 10.000.000 hl/a e executarase en 4 fases. Este proxecto refírese á 1ª fase que, unha vez executada, terá unha capacidade de produción de 2.500.000 hl/a.