Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 9 de setembro de 2021 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 16 do polígono 142 e da 2 do polígono 143, do termo municipal de Cervantes.

En cumprimento do establecido no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural autorizou, mediante a Resolución do 9 de setembro de 2021, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 16 do polígono 142 e da 2 do polígono 143, do termo municipal de Cervantes.

O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental ordinaria e a declaración de impacto ambiental foi formulada con data do 6 de xullo de 2021.

Lugo, 15 de setembro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo