Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 28 de setembro de 2021 Páx. 47556

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no segundo cuadrimestre de 2021

Descrición

Data da sinatura

Importe total
do convenio

Importe achegado pola AXI

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilamarín para mellorar a accesibilidade da OU-189

18.5.2021

453.870,46

453.870,46

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Bande para a mellora da seguridade viaria na travesía de Bande

9.7.2021

726.205,70

363.102,85

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Salvaterra de Miño para a urbanización da rúa Galicia e a racionalización da rede viaria de titularidade da Xunta de Galicia no concello de Salvaterra

10.5.2021

500.303,50

500.303,50