Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela.
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e á páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Códigos CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).
4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 Cabanas (A Coruña).
5. Descrición do obxecto da licitación: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase II. Tanque de retención e impulsión. Cabanas (A Coruña)-OH.315.1073. Clave do expediente: OH.715.1206.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 41.055,00 euros. Importe total: 49.676,55 euros.
8. Valor estimado do contrato: 41.055,00 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 29 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 17 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 5 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 30 de abril de 2021.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 11.
12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 8.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou celebración do contrato: 10 de maio de 2021.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Segurinco, S.L.
14.2. NIF: B36911881.
14.3. Enderezo: r/ Sebastián Elcano, nº 5, baixo, 36208 Vigo.
14.4. Código NUTS: ES114.
14.5. Teléfono: 669 41 44 27.
14.6. Fax: 986 21 46 46.
14.7. Correo electrónico: segurinco@segurinco.es
14.8. Pequena ou mediana empresa: si.
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 30.310,00 euros. Importe total: 36.675,10 euros.
16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6. Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2. O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1. Culminar os requisitos da Directiva marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; actuación 6.2.1.2. (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)): Medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas; operación Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume. Unha maneira de facer Europa.
Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.
17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela.
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.
19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 11 de setembro de 2020.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 30 de abril de 2021.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 19 de maio de 2021.
Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 19 de maio de 2021.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia