Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47519

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de primeiro e segundo máximo nivel estatal de Galicia 2021.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que nos seus fins prevé o fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia, pon en marcha a II edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de primeiro e segundo máximo nivel estatal de Galicia.

A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio no cal enviará o convite para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do plan de patrocinio.

A entidade convidada a tomar parte no procedemento DE400C, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e habilitarase unha ligazón na Guía de procedementos e servizos co código DE400C.

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais contados desde a propia data de recepción do convite. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

As bases poderanse consultar na ligazón:

https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/plan-de-patrocinio-feminino-2021

Teléfono: 881 99 63 77.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego