Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 27 de setembro de 2021 Páx. 47409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 14 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificadas (logo de obtención de cita chamando ao teléfono número 981 54 65 06) no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen teren comparecido, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

María de los Ángeles Díaz Buján

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Carlos M. Iglesias Candal

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Encarnación Oróns López

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Concepción Pérez Bote

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Inés Sixto García

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Carlos Augusto Isaza Tamayo

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios