O pasado 5.8.2021 ditouse resolución pola que se declara a extinción, por transcurso do prazo de vixencia do título concesional, dun dereito concesional outorgado a Manuel Vázquez Guntín o 27.2.1933, no río Anllóns (denominado CH de Anllóns), no concello de Ponteceso (A Coruña), cuxas características básicas son as que se transcriben a seguir:
Clave e denominación do aproveitamento: 10/149/11, AH de Anllóns.
Titular do aproveitamento: Naturgy Wind, S.L.
Caudal máximo de auga concedido: 6.420 l/s.
Corrente de onde derivan as augas: río Anllóns.
Termo municipal onde radica a toma: Ponteceso.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia