De conformidade co disposto no artigo 25 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, en relación co artigo 134.2 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 10 de abril, faise público, por proposta do órgano de selección cualificador das correspondentes probas selectivas das ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019, o nomeamento de funcionarios de carreira para as seguintes prazas, a favor das persoas relacionadas a seguir:
Persoal funcionario:
Escala de administración especial, subescala de servizos especiais. Clase: extinción de incendios. Denominación: condutor bombeiro. Quenda: libre.
D. R. Figueirido Peixoto, DNI ***8722**
D. O. Martínez Vila, DNI ***9773**
D. A. Álvarez Estévez, DNI ***7835**
D. D. Pérez Lorenzo, DNI ***4531**
Vigo, 9 de setembro de 2021
O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía do 16.4.2021 e Acordo da XGL do 22.4.2021)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal