Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 15 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego (código de procedemento TR301V).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícase ás persoas beneficiarias e solicitantes bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en acción formativas de formación profesional para o emprego. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de requirimentos de documentación, en virtude do preceptuado no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), deberán emendar a falta ou entregar a información solicitada no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, presentando a documentación que se lle require. Advírteselles que, de que de non o faceren así, teranse por desistidos da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada norma.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá poñerse en contacto co Servizo de Formación e Colocación, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, nos teléfonos 886 21 81 65 ou 986 81 76 53, para pedir cita presencial, en virtude dos protocolos pola pandemia da COVID-19.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de setembro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

25456018D

TR301V-2020/0009300-5

Resolución de concesión/rexeitamento de bolsas e axudas

Vigo

76908352D

TR301V-2020/010060-5

Resolución de concesión/rexeitamento de bolsas e axudas

Salvaterra de Miño

77970181C

TR301V-2020/010108-5

Resolución de concesión/rexeitamento de bolsas e axudas

Silleda