Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46839

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

DECRETO 124/2021, do 16 de setembro, polo que se dispón o nomeamento dun vogal da Comisión Galega da Competencia.

En virtude do establecido nos artigos 28 e 31 dos estatutos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, aprobados polo Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de setembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a María Teresa Cancelo Márquez como vogal da Comisión Galega da Competencia.

Santiago de Compostela, dezaseis de setembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación