Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46841

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2021.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre pasado.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no segundo cuadrimestre de 2021

Descrición

Área

Data sinatura

Importe

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia, o Concello de A Coruña e a entidade pública empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), para o desenvolvemento dunha área de intermodalidade de transporte de viaxeiros en A Coruña-San Cristovo e o seu contorno urbano.

A Coruña

25.5.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Fundación dos Ferrocarrís de Galicia para garantir o funcionamento do Museo Galego do Ferrocarril e o desenvolvemento de actividades de exhibición dos fondos materiais propiedade deste, a divulgación destes entre a sociedade e o fomento do transporte ferroviario.

Galicia

8.6.2021

30.000,00 €

Convenio de colaboración para a implantación dun servizo de interese municipal no Concello de Pontevedra.

Pontevedra

23.7.2021

 

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, para a anticipación de actuacións de promoción do transporte público que se implantarán a través da constitución da Área de Transporte de Galicia.

Pontevedra

23.7.2021