De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o proxecto e o estudo de impacto ambiental para o proxecto de implantación dunha explotación gandeira con capacidade para 37.534 galiñas poñedoras, 54.000 polos de ceba, 1.904 porcos de ceba e instalacións para gando vacún de carne, promovido por Trobo, S.C.G., nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.
Para efectos deste expediente o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias