Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 24 de setembro de 2021 Páx. 46885

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2021

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2021-2022

25.5.2021

61.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2021-2022

25.5.2021

577.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2021-2022

25.5.2021

744.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2021-2022

25.5.2021

389.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia para fomentar a transferencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia

7.7.2021

251.300 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte

13.7.2021

18.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC), para o desenvolvemento de programas de I+D+i nos institutos de investigación do CSIC e nos centros oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía (CSIC-IEO), centro nacional do CSIC, radicados na Comunidade Autónoma de Galicia no período 2021-2022

23.7.2021

1.245.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC) para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador beneficiario nas convocatorias de axudas do programa do Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco do H2020

25.7.2021

320.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020

30.7.2021

200.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para regular as condicións da axuda destinada á actualización e ampliación da plataforma Innopharma da USC, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

30.7.2021

5.000.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e as entidades colaboradoras Asociación para la Digitalización de la Industria de Galicia e Asociación DIH Datalife para o apoio na xestión da convocatoria para a selección de proxectos no marco do programa Conecta-Covid

22.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Dardo Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (Fundación DIDAC) para o impulso do novo programa de deseño para a innovación e a sustentabilidade 2024, «DIFERENZA», un proxecto sustentable de innovación e deseño estratéxico para a transformación social e económica de Galicia

25.6.2021

890.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o hub de carácter estratéxico Asociación DIH Datalife para o financiamento dos custos de xestión e coordinación do hub de innovación dixital

5.8.2021

291.420 €