Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46724

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade, deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o segundo cuadrimestre do ano 2021

Convenios

Obxecto

Importe total do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Castro de Rei para a mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei. Fase 2. Castro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Castro de Rei que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei. Fase 2. Castro de Rei (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

400.000,00

4.5.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Gondomar para a mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Gondomar que permitan acometer as obras mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns en Gondomar (Pontevedra) e, posteriormente, a súa conservación e mantemento.

2.650.000,00

27.5.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Baiona para a mellora da drenaxe no Camiño das Monxas e no Camiño Pouquena en Sabarís. Concello de Baiona (Pontevedra) cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baiona que permitan acometer as obras de mellora da drenaxe no Camiño das Monxas e no Camiño Pouquena en Sabarís. Concello de Baiona. (Pontevedra) e, posteriormente, conservalas e mantelas.

600.000,00

27.5.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Friol para a mellora da rede de saneamento na parroquia de Roimil. Concello de Friol (Lugo), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Friol que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento no núcleo de Roimil. Friol (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación, a súa conservación e mantemento.

282.000,00

31.5.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Irixoa para a mellora da rede de saneamento na parroquia de Irixoa. Concello de Irixoa (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Irixoa que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora da rede de saneamento na parroquia de Irixoa. Concello de Irixoa (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación, a súa conservación e mantemento.

310.000,00

3.6.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Outes para a reforma e mellora da estación depuradora de augas residuais de Outes. Concello de Outes (A Coruña).

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Outes que permitan acometer polo concello e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para a reforma e mellora da estación depuradora de augas residuais de Outes, a súa explotación, a súa conservación e mantemento.

325.136,57

4.6.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Paderne de Allariz para o abastecemento a San Cristovo. Paderne de Allariz (Ourense), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Paderne de Allariz que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no abastecemento en San Cristovo. Paderne de Allariz (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación, a súa conservación e mantemento.

275.000,00

10.6.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Beariz para a renovación da rede de abastecemento en Magros, concello de Beariz (Ourense), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Beariz que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na renovación da rede de abastecemento en Magros. Concello de Beariz (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

105.000,00

28.6.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Muíños para a mellora do saneamento en varios núcleos de poboación do Concello de Muíños (Ourense), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Muíños que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do saneamento en varios núcleos do Concello de Múiños. Muíños (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

225.000,00

28.6.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Catoira para reducir o risco de inundación na ARPSI dos ríos Ulla e Sar, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Catoira que permitan redactar o proxecto construtivo da actuación de mellora do espazo fluvial do rego Gondomil no cruzamento coa estrada EP8702. Catoira (Pontevedra), acometer as obras e, posteriormente, conservalas e mantelas.

300.000,00

1.7.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boimorto para o saneamento en Viladóniga, Outeiro e Pedral, Boimorto (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boimorto que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento en Viladóniga, Outeiro e Pedral. Boimorto (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

540.000,00

2.7.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade da Coruña para a investigación sobre os procesos de depuración en Galicia.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31 de decembro de 2021; establecer como data límite para a presentación da última certificación xustificativa do gasto realizado o 31 de outubro de 2021 e reflectir a última distribución interna do crédito total.

143.500,00

12.7.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2021 no marco do Proxecto Ríos.

50.000,00

26.7.2021

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Boiro para a xestión e explotación da rede en alta de abastecemento á marxe dereita da ría de Arousa.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boiro que permitan actuar de xeito coordinado e en colaboración na xestión e prestación do servizo de abastecemento de auga potable ao Concello de Boiro, para a óptima xestión do dito servizo.

Sen custo económico

29.7.2021

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol.

Ampliar o prazo de vixencia do convenio ata o 31 de decembro de 2021 e engadir unha nova obriga do concello de Ferrol, consistente en proporcionar a Augas de Galicia a documentación xustificativa dos custos asociados á explotación, mantemento e conservación das instalacións obxecto do convenio, contabilizados desde o inicio da súa explotación.

Sen custo económico

30.7.2021