Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 23 de setembro de 2021 Páx. 46793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, para a execución de planeamento: sistema xeral viario (glorieta entre a estrada da aldea á lagoa e a estrada á praia).

De acordo co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que a Xunta de Goberno Local do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria do 26 de agosto de 2021, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do planeamento do sistema xeral viario (glorieta entre a estrada da aldea á lagoa e a estrada á praia), asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez, que tivo entrada no Rexistro Municipal do concello o 4 de xuño de 2021. Así mesmo, acordouse someter á información pública polo período dun mes o devandito proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada co traslado literal das follas de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas, tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Ref. catastral

8593501NJ6289N0001PD

Titular

Buján Pereiro, José Manuel

DNI

3385*****

Superficie total

110

Superficie afectada

110

Clasificación urbanística

Solo urbano consolidado (sistema viario)

Situación básica do solo

Urbanizado

Outros bens afectados

1 ud. edificación (330 m²)

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Servizo de Urbanismo deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que coiden pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva a presente notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Valdoviño, 30 de agosto de 2021

Alberto González Fernández
Alcalde