O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de maio a agosto de 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2021
José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Emprego e Igualdade nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021
Convenio |
Data da sinatura |
Importe total |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (Cecoop) durante o ano 2021 |
7.6.2021 |
18.800 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento dun programa de Mentoring traballo autónomo |
14.6.2021 |
250.000 € |
Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) para a posta en marcha dun plan de fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia |
30.6.2021 |
75.000 € |
Protocolo de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Confedederación de Empresarios de Galicia (CEG) para a posta en marcha dunha estratexia de fomento en materia de emprendemento feminino |
28.7.2021 |
---- |