Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMTS, CT Paredes-Estás.
Situación: Tomiño.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 690 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio substituído 9UU07LP4//130-1 da LMT ROS 807, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación, a 250 kVA con RT 20 kV/400 V, situado en Parades, Estás, Tomiño. Desmantelamento de 638 de LMT aérea e do centro de transformación Estás (36AN20).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 31 de agosto de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Predio 1. Municipio: Tomiño; lugar: Paredes; titular: Bernabé Pérez Ferreiro; afección: 16,81 m² para o centro de transformación e 25 m² para canalización subterránea.