Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da resolución de modificación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Amoroce (Celanova).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social, previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 7 de setembro de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona concentración

34543722S

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)

34967408W

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)

Inés González Justo

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)

34551618Y

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)

34533686Z

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)

34907677W

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)

José Luis González Outomuro

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)

Manuel González Outomuro

Resolución

Amoroce (Celanova-Ourense)