Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 21 de setembro de 2021 Páx. 46436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PS-DXIS-4-2021, tramitado nesta xefatura territorial.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa emprazada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, Servizo de Coordinación Administrativa, situada na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na proposta de resolución, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, para achegar as alegacións e presentar os documentos e a información que xulgue pertinentes.

Vigo, 6 de setembro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-4-2021.

Persoa interesada. NIE: X6637912C.

Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador con data do 6.8.2021.

Órgano competente: órgano instrutor na Xefatura Territorial de Vigo.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.