Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 20 de setembro de 2021 Páx. 46161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de setembro de 2021 polo que se notifica o acordo de cambio de instrutor no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/47/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 21.7.2021, ditou acordo de cambio de instrutor no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/47/2018, tramitado pola realización de obras, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Rúa da Lanzada, no termo municipal do Grove (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal do acordo aos interesados con documento nacional de identidade números 77410202E, 44812114H e 44833097W, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito acordo, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do expediente, mediante escrito en que se expresará a causa ou causas en que se funde, de conformidade co disposto nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Para que conste e lles sirva de notificación aos destinatarios arriba indicados, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística