Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 20 de setembro de 2021 Páx. 46163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de agosto de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da primeira fase do acondicionamento da estrada PO-546 entre os puntos quilométricos 4+400 e o 4+890, de clave PO/21/120.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 30 de agosto de 2021, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción da primeira fase do acondicionamento da estrada PO-546, entre os pp.qq. 4+400 e o 4+890, de clave PO/21/120.10.

O obxecto do proxecto é o acondicionamento da estrada PO-546, entre os pp.qq. 4+400 e o 4+890, que consistirá na realización das seguintes actuacións: remodelación da sección transversal da estrada, ampliando os anchos das actuais beirarrúas, fresado e reposición de firme e execución de pasos de peóns sobreelevados, mellora da iluminación do treito, substitución de refuxios nas paradas do autobús, reposición de elementos de drenaxe e servizos afectados e reposición da sinalización, tanto marcas viarias como sinalización vertical.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Pontevedra (Michelena, 30, 36002 Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago Compostela, 31 de agosto de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Primeira fase do acondicionamento da estrada PO-546 entre os pp.qq. 4+400 e 4+890, clave PO/21/120.10

Concello de Pontevedra

Referencia

catastral

Apelidos e nome

DNI

Situación básica do solo

Tipo de terreo

Clase de cultivo

Clasificación urbanística

Área afectada (m²)

Bens afectados

Medición

(m)

1

36900A02500122

Aldao Bouzas, José

***7363**

Rural

Rústico

Carballeira

Solo non urbanizable común

11,00

Peche de postes de formigón e arame

6,50

Pampín Rodríguez, José

***2543**

2

36900A02500123

Aldao Bouzas, José

***7363**

Rural

Rústico

Viña secaño

Solo non urbanizable común

30,00

Peche de postes de formigón e arame

12,00

Pampín Rodríguez, José

***2543**

3

36900A02500124

Aldao Bouzas, José

***7363**

Rural

Rústico

Viña secaño

Solo non urbanizable común

39,00

Peche de postes de formigón e arame

14,00

Pampín Rodríguez, José

***2543**

4

6047006NG2964N

Fundiger, S.L.

B15487291

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

14,00

Peche de postes de formigón e arame

14,00

Peche de celosía e poste de formigón

1,00

5

6047007NG2964N

González Fernández, Manuel

-

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

10,00

Peche de postes de formigón e arame

12,00

Peche de murete de formigón e barra metálica

1,00

6

5845601NG2954N

Solla Pampín, Dolores

***3807**

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

38,00

Peche de postes de metálicos e arame

10,00

7

5845602NG2954N

Solla Pampín, Dolores

***3807**

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

106,00

Varanda metálica

25,00

Alpendre

45,00

8

5845603NG2954N

Palmeiro Rey, María Rosa

***3441**

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

51,00

Peche de postes metálicos e arame

10,00

Palmeiro Rey, Manuel Ángel

***3885**

Alpendre

15,00

Palmeiro Rey, José Luis

***4754**

9

5845604NG2954N

Agra Rey, Adolfo

***6616**

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

112,00

Peche de postes de metálicos e arame

20,00

Agra Rey, Jesusa

***7354**

Murete

5,00

10

5845615NG2954N

Martínez Ferradas, María Concepción

***7877**

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

28,00

Edificación

20,00

Martínez Ferradas, María Teresa

***7416**

Varanda metálica

8,00

Martínez Ferradas, Pascual

***7601**

11

5845616NG2954N

Ferreira Pereira, Silvana Lourdes

***9847**

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

15,00

Escaleiras

1,00

Rodríguez Barboza, Adolfo

***3618**

12

5845617NG2954N

Crespo López, Pablo

***3090**

Urbanizado

Urbano

-

Solo urbano

79,00

Edificación

25,00

Crespo López, Sergio

***1294**

Muro de bloque

36,00

Crespo López, Cristian

***1294**

Muro de mampostería

40,00