De conformidade co disposto nos artigos 10.2 e 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: explotación porcina de ceba de porco ibérico en Porto do Souto |
Procedemento: autorización ambiental integrada |
Titular: Explotaciones Porcinas Porto do Souto, S.C. |
|
Localización: concello de Ponteceso (A Coruña) |
Expediente: 2017-IPPC-I-70 |
Esta resolución poderá consultarse na ligazón https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático