Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 17 de setembro de 2021 Páx. 45852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións das modificacións non substanciais das autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta fragmentadora de Bens

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Francisco Mata, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-92_278

Localización: concello da Coruña

Expediente: 2021-IPPC-M-56

Instalación: planta fragmentadora de Bens

Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental

Titular: Francisco Mata, S.A.

Localización: concello da Coruña

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-92_278

Instalación: planta de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos voluminosos

Procedemento: modificación non substancial

Titular: Compañía Española de Servicios Públicos y Auxiliares (CESPA), S.A.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-70_284

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Expediente: 2021-IPPC-M-32

Instalación: fábrica de ferroaliaxes

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A.U. (Xeal)

Núm. rexistro AAI: 2006/0070_NAA/IPPC_036

Localización: concello de Cee (A Coruña)

Expediente: 2021-IPPC-M-67

Instalación: planta de elaboración de ferraxes, fixacións e fouces

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Industrial Recense, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2006/0359_NAA/IPPC_068

Localización: concello da Pontenova (Lugo)

Expediente: 2020-IPPC-M-18

Instalación: explotación avícola de engorde de polos A Ponte Río

Modificación do plan de vixilancia ambiental

Titular: Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G.

Núm. de rexistro AAI: 2007/0094_NAA/IPCC_139

Localización: lugar das Lagoas, parroquia de Piúca, concello de Maceda (Ourense)

Instalación: explotación avícola intensiva para 52.920 galiñas reprodutoras

Modificación do plan de vixilancia ambiental

Titular: Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Núm. de rexistro AAI: 2017-IPPC-8-316

Localización: concello de Friol (Lugo)

Instalación: explotación avícola intensiva para 52.920 galiñas reprodutoras

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-8-316

Localización: concello de Friol (Lugo)

Expediente: 2021-IPPC-M-43

Instalación: planta de produción de cervexa

Modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Hijos de Rivera, S.A.U.

Núm. rexistro AAI: 2006/0133_NAA/IPPC_023

Localización: concello da Coruña

Expediente: 2021-IPPC-M-52

Instalación: planta de fabricación de taboleiro aglomerado

Corrección de erros

Titular: Tableros Hispanos, S.L.U.

Núm. rexistro AAI: 2015-IPPC-I-54_308

Localización: concello de Lugo

Expediente: 2019-IPPC-M-29

Instalación: fábrica de pasta de papel

Modificación do plan de vixilancia e seguimento ambiental

Titular: Ence Energía y Celulosa, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2004/0286_NAA/IPPC_162

Localización: Pontevedra

Expediente: 2004/0286

Instalación: planta de produción de pezas por estampaxe metálica e conxuntos metálicos por ensamblaxe, soldadura e pintado por electrodeposición

Modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Gestamp Vigo, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2013-IPPC-8-263

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-57

Instalación: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Codisoil, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-40-276

Localización: concello do Porriño (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-44

Instalación: planta de transformación metálica, ensamblaxe, cataforese e pintura en po

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Marsan Transformaciones Superficiales, S.L.U.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-76-290

Localización: concello de Vigo (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-076

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático