Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria de tres prazas do subgrupo C1 por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 132, do 13 de xullo de 2021, publícanse integramente as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 24 de maio de 2021, da convocatoria para a cobertura por funcionarios/as de carreira das tres plazas do subgrupo C1, por promoción interna, seguintes:

– 1 praza da escala de administración xeral, subescala administrativa.

– 2 prazas da escala de administración especial/servizos especiais/cometidos especiais/xestor sociocultural.

O prazo de presentación de instancias de solicitude para tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 10 de agosto de 2021

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente