Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2021/182-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: ampliación de potencia do CT Bemil.

Situación: Caldas de Reis.

Características técnicas: substitución do transformador existente de 100 kVA, por un de 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, que se instala no apoio proxectado HVH-11-1600-CR1-CA do tramo TIB8029151, que substitúe o HV-630-11. A instalación está situada en Outeiro, Bemil, no municipio de Caldas de Reis.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 25 de agosto de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1.

Municipio: Caldas de Reis; lugar: Bouzas; referencia castastral: 36005A058001860000TA; titular: descoñecido; afección: 0,73 m² para o apoio 1.

Predio 2.

Municipio: Caldas de Reis; lugar: Bouzas; referencia castastral: 36005A058001850000TW; titular: descoñecido; afección: 6,385 m² para o apoio 1.

Predio 3.

Municipio: Caldas de Reis; lugar: Bouzas; referencia castastral: 36005A058001840000TH; titular: descoñecido; afección: 6,865 m² para o apoio 1.