Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2021/63-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución apoio A3M2DE63//66-11-B da LMTA MUR817.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: substitución do apoio A3M2DE63//66-11-B da LMTA MUR817 (tramo MUR8171446) por un apoio C-3000/18. Tendido de dous vans, con condutor LA-56, desde o apoio proxectado C-3000-18: un de 130 metros, ata o apoio existente HV-1000/13 e outro de 198 metros, ata o apoio existente HVH-2500/1. A instalación está situada no lugar do Pobo, Tomeza, municipio de Pontevedra.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 3 de maio de 2021, no BOP do 23 de abril de 2021, no xornal La Voz de Galicia do 27 de abril de 2021, no BOE do 4 de maio de 2021 e no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 26 de agosto de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial