Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 3 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda publicar o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia AC-2017/00591.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselle á persoa abaixo relacionada o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña, para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e, á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 3 de setembro de 2021

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

NIF/NIE/pasaporte

AC-2017/00591

Y5596914Q