Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 16 de setembro de 2021 Páx. 45570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 17 de agosto de 2021, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Varaderos de Cillero, S.L. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á sociedade Varaderos de Cillero, S.L. no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro con destino a rampla varadoiro para buques de ata 500 toneladas e edificios anexos para talleres e oficinas (expediente 14-07-86-C-1).

O día 8.7.2021 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á sociedade Varaderos de Cillero, S.L. no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro con destino a rampla varadoiro para buques de ata 500 toneladas e edificios anexos para talleres e oficinas, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Lugo, 17 de agosto de 2021

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte