Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de leiras (Xestiona 1122/2021 Urb 37/2021).

En aplicación do disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen que fose posible a súa práctica por causa non imputable a esta Administración, e en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción por Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, ao resultar descoñecido o enderezo postal, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Xestiona 1122/2021

Urb 37/2021

Polígono 11-parcela 151

José Granja Rodríguez

(enderezo descoñecido)

36036A011001510000QA

Xestiona 1122/2021

Urb 37/2021

Polígono 11-parcela 153

José Cerqueira

(enderezo descoñecido)

36036A011001530000QY

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contarse a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 26 de agosot de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa