Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 15 de setembro de 2021 Páx. 45343

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 524, número 1, e 526, número 2, da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; nos artigos 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; e no Decreto da Xunta de Galicia 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia (DOG núm. 94, do 18 de maio), anúnciase a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo cuxa descrición e requisitos necesarios para o seu desempeño se especifican no anexo I desta convocatoria, consonte as seguintes bases:

Primeira. Participantes

1. Os postos de traballo que se convocan poderán ser solicitados por funcionarios de carreira pertencentes ao corpo de médicos forenses, calquera que sexa a súa situación administrativa, con excepción dos que se atopen nalgunha das situacións previstas no punto 2, sempre que reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados na presente convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e que os manteñan ata a súa resolución.

2. Non poderán tomar parte nesta convocatoria: a) os declarados suspensos en firme, mentres dure a suspensión; b) os funcionarios que se atopen en situación de excedencia voluntaria por interese particular, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación; c) os sancionados con traslado forzoso, ata que transcorran un ou tres anos, se se trata dunha falta grave ou moi grave, respectivamente, para destino na mesma localidade en que se lles impuxo a sanción.

Segunda. Presentación de solicitudes

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto ao que aspiran, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, rúa Madrid, 2-4, 2º andar, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nas oficinas ás que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Canda a solicitude deberá achegarse a documentación orixinal ou fotocopias compulsadas da documentación acreditativa dos requisitos exixidos e dos méritos alegados para cada un dos postos solicitados.

Igualmente, xuntarase coa instancia unha memoria asinada en que, nunha extensión non superior aos 10 folios, o candidato realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e medios necesarios para o seu desempeño, facendo constar, así mesmo, propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o aspirante considere de interese ou importancia, con base na descrición das funcións do posto.

Terceira. Resolución e adxudicación de destino

Esta convocatoria será resolta pola Dirección Xeral de Xustiza e os nomeamentos efectuaranse no prazo máximo de dous meses contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Os designados poderán ser cesados con carácter discrecional pola mesma autoridade que os nomeou.

O funcionario que cesase no seu cargo desempeñado con carácter definitivo será adscrito provisionalmente a unha praza vacante xenérica na sede do instituto onde estaba a prestar servizos, tendo que participar no primeiro concurso de traslado en que se oferten prazas na dita sede, no cal gozará de preferencia para ocupar as vacantes de carácter xenérico.

Cuarta. Publicación da resolución

A resolución desta convocatoria publicarase no DOG e no BOE, podéndose declarar deserta se se considera oportuno.

Quinta. Recursos

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

• Posto número 1.

1. Características do posto:

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección territorial.

Localidade: A Coruña.

Código do posto: XG9251820015001310.02.

Corpo: médico forense.

Forma de provisión: libre designación.

Complemento específico: 10.084,32 €.

Complemento xeral do posto: 20.063,04 €.

2. Funcións:

As establecidas no artigo 14 do Decreto 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia.

3. Requisitos de participación:

Cinco anos de experiencia profesional como médico forense.

4. Formación específica:

Coñecementos específicos e experiencia nas áreas de actuación propias da medicina forense. Coñecementos en materia de organización do traballo e xestión de persoal. Formación en técnicas de comunicación e atención ao público.

• Posto número 2.

1. Características do posto:

Nome do posto: subdirector/a.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección territorial.

Localidade: Lugo.

Código do posto: XG9251820027001306.02.

Corpo: médico forense.

Forma de provisión: libre designación.

Complemento específico: 10.084,32 €.

Complemento xeral do posto: 20.063,04 €.

2. Funcións:

As establecidas no artigo 14 do Decreto 119/2005, do 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia.

3. Requisitos de participación:

Cinco anos de experiencia profesional como médico forense.

4. Formación específica:

Coñecementos específicos e experiencia nas áreas de actuación propias da medicina forense. Coñecementos en materia de organización do traballo e xestión de persoal. Formación en técnicas de comunicación e atención ao público.

ANEXO II

Solicitude de participación na convocatoria para a provisión de postos
de traballo, polo sistema de libre designación, de subdirector/a
do Instituto de Medicina Legal de Galicia

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

NOME:

PRIMEIRO APELIDO:

SEGUNDO APELIDO:

NIF:

DATA DE NACEMENTO:

ENDEREZO:

CÓDIGO POSTAL:

PROVINCIA:

CONCELLO:

TELÉFONO:

TELÉFONO MÓBIL:

CORREO ELECTRÓNICO:

POSTO ACTUAL/DENOMINACIÓN:

LOCALIDADE/PROVINCIA:

SITUACIÓN ADMINISTRATIVA ACTUAL

SERVIZO ACTIVO

OUTRAS CON RESERVA DE POSTO

� SI

� NON. Neste suposto, conteste o seguinte recadro.

POSTOs DE TRABALLO SOLICITADOs

ORDE DE PREFERENCIA

CÓDIGO DO POSTO

LOCALIDADE/PROVINCIA

1

2

MÉRITOS ALEGADOS

MEMORIA