De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 3 de setembro de 2021
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado pola |
CO-RES-2021-102 |
Y4838847Y |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
CO-RES-2021-106 |
Y0813451R |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |
CO-RES-2021-113 |
X8734566V |
Acordo de inicio |
Xefa territorial |